Novas por contido

A Consellería de Traballo e Benestar (tamén coñecida como Consellería do Paro e Malestar) quere desmantelar o Centro de Asistencia e Educación Especial "Santiago Apóstolo", que atende a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 6 e 24 anos.

A Xunta de Galiza pretende pasar este centro á Consellería de Educación, que atende só ata os 21 anos, o que implica eliminar prazas vacantes, e trasladar ao persoal fixo "sobrante" a outros Centros.

Fronte a esta situación, tanto o Comité de Empresa como as traballadoras e traballadores queren que se abra o "Santiago Apóstolo" a adultos/as, o que permitiría cubrir una necesidade social, e garantir os postos de traballo do persoal do centro. A Consellería négase. A Consellería quere gastar o diñeiro público nos centros privados.

Esta postura inadmisíbel da Consellería xa tivo varias protestas públicas, concentracións, apoios de Concellos gobernados polo BNG e PSOE, apoio cidadán concretado tanto na recollida de sinaturas como na páxina de facebook:"CENTRO DE ASISTENCIA E DE EDUCACION ESPECIAL SANTIAGO APOSTOL (A CORUÑA)"

A próxima protesta é una Folga o martes 18 de maio cunha Manifestación que sairá ás 10 da mañá dende o Centro Santiago Apóstolo até o Edificio Administrativo de Monelos, Folga e Manifestación apoiadas pola CIG e na que solicitamos o voso apoio, porque este Centro Público é importante para a Comarca da Coruña e arredores, e porque temos que facerlle fronte a política antisocial do Partido Popular que dende o Goberno da Xunta está a destruír os Servizos Públicos Sociais.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 26 Abril 2024

Informa comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, máis non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...