Todas as novas

Comeza a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2018 para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia, polo que se abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galiza.

No DOG do día 1 de febreiro, publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.

Segundo o correo que envían dende o Servizo de Prevención de Riscos Laborais: O PRAZO DE INSCRICIÓN é ENTRE OS DÍAS 2 DE FEBREIRO E O 13 DE MARZO.

Pero o DOG di "O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG".

Evidentemente hai un erro e no correo parece que se interpreta que se trata de días hábiles polo que se prolonga o prazo. Supoñemos e esperamos que se corrixa en breve e a través do DOG para dar máis seguridade.

Polo demais lembrar que están excluídos desta campaña "O persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións".


NOTA: A solicitude farase de xeito telemático, para realizala poderá picar no seguinte enlace á páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais

www.xunta.es/riscos