Mesas de negociación

No Diario Oficial de Galiza (DOG) do venres, 23 de xuño de 2017, faise público o acordo de modificación do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza, como consecuencia do acordo de bombeiros forestais e a súa segunda actividade.

Dito acordo recolle a modificación do Anexo II-A, de categorías profesionais.

A nova denominación das categorías profesionais afectadas polo citado acordo de bombeiros forestais e a súa segunda actividade son as seguintes:

  1. III - 100. Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.
  2. IV - 33. Bombeiro/a forestal conductor/a de motobomba.
  3. IV - 41. Bombeiro/a forestal oficial/a de defensa contra incendios forestais.
  4. V - 14. Bombeiro/a forestal.
  5. V - 14A. Bombeiro/a forestal conductor.