Mesas de negociación

Modificación da RPT Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

A CIG foi o único sindicato que votou en contra, non só por rexeitar as LDs propostas e prazas para concursos específicos, senón tamén porque non foron recollidas o resto das nosas alegacións. CCOO e UGT abstivéronse. CSIF votou a favor.

Lei de Administarción Dixital de Galiza

A CIG votamos favorablemente xa que recolleron as emendas mais esenciais, retiraron a obriga do persoal a capacitarse e que sexa a Administración a que garanta a posibilidade da súa formación valorándose tamén os coñecementos previos (CODIX e semellantes), establece a posibilidade de excepción de relacionarse pola sede dos colectivos con dificultades, garantiza medios humanos e materiais nas oficinas de rexistro e fomentara o uso da nosa lingua propia. Tamén votan favorablemente o resto das OOSS xa que entenden recollidas as súas aportacións.

Acordo e Orde de Axentes Forestais e ambientais de Galiza

Función Pública presenta a inclusión da posibilidade das flexibilizacións destes traballadores e traballadoras a quendas por conciliación familiar dentro da normativa xeral dos empregados e empregadas públicos que esixiu a CIG para a súa sinatura. Prodúcese así a ratificación do acordo e orde xa asinado o 10 de outubro de 2018 logo de mais de 2 meses de folga. Votamos a favor CIG, CCOO e UGT. O CSIF abstívose.