Outras informacións e conflitos xerais

No DOG do 13 de abril coincidiron as publicacións das dúas convocatorias de acción social para o persoal da maior empresa do noso país. Con isto comeza e remata toda a acción social para o seu persoal a maior empresa do país.

Unha vergonza que a Xunta de Galiza, co seu orzamento e a situación económica actual, siga contemplando as mesmas dúas convocatorias para o seu persoal que no ano 2012. O Fondo de Acción Social fica recortado e nin sequera se plantexan recuperar a convocatoria nos termos que había no 2011 e só manteñen a axuda para a atención de persoas con discapacidade. Un agravio compartativo xa non só frente a empresas de menor tamaño senón fronte a outras Administracións públicas. Non é de estrañar que os compañeiros e compañeiras de Xustiza dixeran abonda.

Ollo ás datas, a das prazas reservadas para fillos e fillas do persoal nas escolas infantís da Axencia de Servizos Sociais remata o 27 de abril e a do falso fondo de acción social remata o 4 de maio para presentar a instancia web. Para máis información consulta as convocatorias:

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2018 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2018/19.

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.