RPT e estrutura

A Escola Galega de Administración Pública convocou unha xuntanza o pasado venres día 14 de novembro na que se amortizaba unha praza de telefonista da súa RPT.

Son incontábeis xa o número de postos que ten destruído o PP dende que goberna a Xunta de Galiza e, dende a CIG, estamos novamente en contra desta práctica sistemática de destrucción de emprego público.

Os xestores da EGAP, seguindo o argumentario doutras consellarías e organismos, esgrimen que é a lei a que lle obriga a amortizar logo de se producir unha xubilación.

A CIG considera este argumento falaz. Primeiro porque o aprobou o grupo do PP no Parlamento, cousa que pode mudar cando queira e, segundo, porque utilizalo é autoxustificativo e recursivo: Hai que facelo porque o eles din que hai que facelo.

Ademais do anterior, a Xunta xustificou que esta amortización a realizaban porque tiñan un posto da RPT que saiu (e se cubriu) no anterior concurso de Corpos Xerais sen estar dotado orzamentariamente. Unha chapuza máis nesta nosa administración demasiado acostumada a desvestir un santo para vestir outro.

Como remate esperpéntico da situación a memoria económica non coincide coa valoración que fai orzamentos da praza a amortizar. Chapuzas PePeiras, SA