Novas por contido

A Administración ofrécenos como argumento da xustificación dos recortes que non hai cartos e/ou que sobramos empregadas e empregados públicos porque non hai carga de traballo. Porén, continúa facendo uso da figura da encomenda de xestión e tamén das asistencias técnicas. Ante as continuas demandas de información a Administración cala; ante as continuas denuncias, a prensa tamén.

O venres, 11 de maio, publicábanse no DOG 3 encomendas de xestión da extinta consellaría do Medio Rural con Tragasatec para a realización de traballos: 1) técnicos de colaboración coa autoridade de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural 2007/2013, 2) de supervisión dos controis nos tres tipos de medidas dentro do Plan galego de controis Feader e 3) de tramitación de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia no ano 2012. Pese a que as 3 encomendas teñen como data de inicio o 1 de xaneiro, aínda son feitas públicas agora. De ningunha se da a coñecer o seu custe económico.

Dada a opacidade das encomendas de xestión en canto a que parte delas pode ser realmente desenvolta por persoal propio así como a problemática laboral de indefinicións que se crea sen que se esixa ningún tipo de responsabilidade política ou penal, a CIG solicitou información sobre estas 3 encomendas. Entre a información demandada atópase a súa xustificación técnica, na que conste que non poden ser asumidas por medios propios da consellaría, así como o importe da contratación ou a achega de medios de produción de Tragsatec, entre outros.

Hai que destacar que estas encomendas están próximas a rematar (15 de xuño as dúas primeiras e 15 de maio a última). Porén, dado que aínda foron publicadas recentemente e que resulta de interese para o persoal da Xunta, a CIG-Autonómica demanda igualmente o resto de información que non hai obriga de publicar por imperativo legal. Consideramos, e máis nun contexto político no que sobran empregados públicos, o uso de encomendas/asistencias técnicas para facer o traballo propio como unha vergoña.

Non entendemos compatible unha futurible redución de xornada forzosa en persoal temporal ou interino co mantemento de determinadas encomendas ou asistencias técnicas para traballo que pode ser desenvolto perfectamente por persoal propio. E por suposto, seguimos a reclamar á Xunta a posta en marcha dunha comisión de control para estes casos.

Máis  información sobre asistencias técnicas

Continúan chegándonos achegas de situación irregulares de persoal alleo e solicitamos,  aos centros onde existen indicios ou sospeitas destas situacións, información sobre a xustificación técnica desas contratas e/ou encomendas, así coma o seu importe económico. As máis recentes son as da Secretaría Xeral do Mar e a da Secretaría Xeral da Emigración, que xuntamos ás anteriores.



Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...