Novas por contido

Oferta de Emprego para contratación temporal de persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) de Ourense.

Postos a cubrir:

  • Técnico superior DCIF (I – 038): 1 praza no SPDCIF.
  • Conductor motobomba (IV – 033): XI (9); XII (6); XIII (7); XIV (5); XV (10).
  • Vixiante fixo (V – 10b): XI (4); XII (3); XIII (2); XIV (2); XV (3).

Documentación a presentar:

  • Solicitude.
  • Fotocopia cotexada do DNI. 
  • Fotocopia cotexada da titulación. Técnico superior (enxeñeiro de montes); Conductor motobomba (graduado escolar ou equivalente) e vixiante fixo (certificado de escolaridade).
  • Carné de conducir. Técnico superior (B) e conductor motobomba (C).
  • Méritos: 
  • Servizos prestados na mesma categoria na Xunta de Galiza, noutras AAPP ou empresas privadas.
  • Cursos directamente relacionados coas funcións propias da categoria.
  • Coñecemento do idioma galego.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes:

Ata o día 7 de Xullo de 2009, ás 12:00 horas, nos distintos distritos forestais ou na sección de persoal do Departamento Territorial, así como por fax ao número 988 38 65 66.

Os aspirantes á categoria vixiante fixo deberán superar unha proba de agudeza visual. Por contra, aqueles aspirantes á categoria de Técnico Superior e Conductor/a motobomba a proba a realizar consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para os homes e de 33 cm para as mulleres, durante un período de 5 minutos.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...