Novas por contido

Devolución da parte devengada da paga extra 2012, blogue de denuncia, flexibilidade, horas extras, absentismo e outros son os últimos temas abordados desde este órganos de representación

No último Pleno da Xunta de Persoal de Servizos Centrais tomáronse diversos acordos que foron desenvoltos en reunións posteriores da Comisión Permanente. Os diferentes puntos tratados van en función da achega directa das diferentes delegadas e delegados ou indirecta a través das propostas das traballadoras e traballadores públicos.

Devolución parte devengada paga extra 2012: están saíndo diferentes sentenzas en todos os ámbitos que recoñecen como inconstitucional e fóra de toda lei o recorte con carácter retroactivo que supuxo o secuestro da paga extra de Nadal de 2012. Presentase un escrito solicitando a inmediata devolución a todo o persoal, facendo fincapé no gasto xudicial inútil no que vai incurrir a Xunta cos sucesivos recursos. A dita presentación irá acompañada dalgunha mobilización solicitando o apoio das traballadoras e traballadores a unha demanda que é de xustiza.

Queixa ao Valedor do Pobo: a maioría dos escritos que presentou a Xunta de Persoal non tiveron resposta por ningún medio, nin aínda insistindo a posteriori. Este mutismo da Xunta supón un atranco na defensa dos nosos intereses coma traballadoras e traballadores, a parte dunha falta de respecto. Listamos unha relación de 70 escritos presentados a diferentes departamentos e unidades da Xunta. Tamén se porá en coñecemento do Grupo Parlamentario que sostén o Goberno da Xunta.

Acordos das últimas asembleas: a) posta en marcha dun blog de denuncia e a modo de “asemblea permanente” das traballadoras e traballadores da Xunta, b) ponse data límite do 24 de febrero para atopar as persoas voluntarias necesarias para dar a cara na campaña de dignificación das empregadas e empregados público; os servizos públicos non só son persoal médico e docente e c) campaña das camisetas: a compañía que fixo as negras xa non existe; existe un novo deseño en "azul Xunta" coas letras brancas.

Absentismo:Solicitude de datos de absentismo. Estamos fart@s xa da utilización partidista destes datos que non sabemos de onde saca ou estima a Xunta ni ao ámbito ao que se refire. De feito, temos dereito consonte a lexislación a recibir estes datos "trimestralmente". Escrito dirixido á directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

Flexibilidade (especialmente centros que pechan a partir das 15:30): deixase en mans da comisión de seguimento se ben remítese escrito á Dirección Xeral de Avaliación solicitando que se garanta o acceso ao dereito á flexibilidade en igualdade de condicións e respectando o marcado na lei para o caso das flexibilidades familiares.

Prazas de aparcamento en fronte de presidencia. Quedan preto de 40 prazas de aparcamento bloquedas polo privilexio anacrónico do presidente da Xunta de saír e entrar unha vez por semana pola porta grande de Presidencia. Solicitámoslle que entre e salga polos controis de acceso como fan as conselleiras e conselleiros e resto de altos cargos.

Cobertura do posto de asistente social dos Servizos Sociais: o dito posto foi trasladado na rpt ao novo Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI). Solicitamos que se manteña o posto nos servizos centrais, independentemente da creación dun novo no CRI. O dito pedimento está motivado na situación cada vez máis degradada do noso persoal que fixo que compañeiras e compañeiros, en situacións familiares complicadas, tiveran que verse abocados a desafiuzamentos ou a recorrer a caridade, sen dispor deste servizo. Cómpre recordar que somos preto de 4.500 traballadoras e traballadores públicos nos distintos centros dos servizos centrais, máis que algún que outro concello que si dispón de asistente social.

Incumprimento do contrato da limpeza e desleixo. No mantemento dos edificios da Xunta (non hai limpeza das fachadas nin substitución do persoal) pero a empresa ben que cobra, recorta ás traballadoras e traballadores e pon o cazo para recibir o diñeiro. Levase ao Parlamento e máis á prensa.

Gratificacións extraordinarias: o comité de empresa recibe información porque así o ten recollido no convenio. Solicitamos en anos anteriores información das horas extras que fai o persoal funcionario nos diferentes centros sen resposta; reiteramos a solicitude ante o director xeral da Función Pública porque sabemos que as sigue habendo, mesmo en centros que houbo amortizacións e despedimentos. Actualmente temos diferentes denuncias de que comeza a ser unha tónica xeral cando, desde unha óptica de clase, deberase tirar das listas de contratación.

Pronunciamento contra a lei mordaza: en varios sácase un pronunciamento unánime contra este anteproxecto de lei que limita os dereitos e liberdades públicas sen motivación e con tintes de inconstitucionalidade (como tamén llo advertiu ao Goberno a propia UE).

Outros:

  • Axilización do nomeamento da persoa asesora confidencial prevista na lei de igualdade.
  • Problemas dos traballadores do GAIAS, mediación coa Fundación para solucionar os problemas.
  • Problemas co KRONOS: diferentes problemas técnicos no persoal da Consellaría de Facenda que se poñen en coñecemento da Dirección Xeral de Avaliación.
  • Denuncia dos problemas de implantación de sistemas de iluminación; eficiencia enerxética.
  • Solicitude de solución permanente aos esvaróns nas entradas dos edificios administrativos.
  • Solicitude de información da creación da Oficina do Plan Reconduce na EGAP e a cobertura deses postos (hai 5 traballadoras/es segundo o directorio telefónico).
  • Creación grupo de traballo asistencias técnicas pra recompilar e denunciar os diferentes casos que acheguen as traballadoras e traballadores: por que lle chaman racionalizar cando o que fan é privatizar?

Outras novas recentes

Venres, 27 Marzo 2026

Puntuacións provisionais do concurso de traslados das escalas sociais (facultativa superior, grao medio, axudantes e auxiliares)

No DOG do 27/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de...
Mércores, 01 Abril 2026

Convocatoria da CP (09/04/2026): concurso-oposición C1 - vixilancia de estradas e mobilidade

Após a xuntanza da Mesa Sectorial do Persoal Funcionario do pasado 27 de marzo, onde se tratou a convocatoria do proceso selectivo de estradas e mobilidade, agora a directora de Emprego Público convócanos á reunión da Comisión de Persoal (CP), fixada para o 9 de abril, coa seguinte orde do día: 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. 2. Proposta de...
Mércores, 01 Abril 2026

Que doado é retirar postos do concurso de escalas sociais no canto de buscar solucións

O día 27/03/26 saíron publicadas no DOG as puntuacións provisionais das persoas participantes no concurso de escalas sociais (F0525). E como agasallo, xunto coas puntuacións, a DXEP retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social). Ese mesmo día,...