Novas por contido

A presión e o apoio do conxunto dos traballadores  e traballadoras resulta fundamental na reivindicación dos dereitos laborais, económicos e, en definitiva, da dignificación do emprego e dos servizos públicos. Unha boa mostra disto témola na recente” victoria” acadada pola CIG e polo persoal da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

Como xa temos informado no mes de novembro, a raíz da entrada en vigor do novo concurso de seguridade privada dos edificios administrativos nos servizos centrais da Xunta de Galiza, ese centro de traballo viu recortado e limitado o seu horario de apertura ata as 15:30 horas.

Con este recorte de horario, os traballadores e traballadoras deste centro viron limitado gravemente o seu dereito á flexibilización horaria, xa non so en aplicación da orde de flexibilización senón tamén ao estipulado no artigo 44 da Lei galega para a igualdade de mulleres e homes.

Na defensa do dereito á flexibilizacion horaria dos traballadores/as afectados, a CIG presentou un escrito en novembro e outro en xaneiro dirixidos á Administración esixíndolle unha solución inmediata a esta situación. A parte destes escritos e a instancia da CIG, os propios traballadores/as afectados remitiron o 7 de febreiro un escrito de sinaturas dirixido á comisión de seguimento da orde de flexibilización solicitando tamén unha solución a este agravio comparativo co resto do persoal da Administración autonómica.

A boa nova é que a presión exercida pola CIG e polos traballadores e traballadoras afectados dou o seus froitos e a partir do vindeiro luns, o centro de traballo estará aberto de luns a venres de 7:30 a 18:30 h.

Pese ao recoñecemento da victoria acadada e a petición dos traballadores/as, a CIG ven de esixir na comisión de seguimento da orde de flexibilización reunida o venres 21 de febreiro que se amplie ese horario de apertura ata as 20:00h.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...