Novas por contido

Na Resolución do 24 de abril de 2012 (DOG 02/05/2012), a EGAP convocan novas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

A superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, teleformación ou acceso libre, permitie obter certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Poderán participar nas probas convocadas por esta resolución os empregados e empregadas públicos destinados na Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopan en situación de servizo activo, incapacidade temporal por maternidade ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.

As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, os días 18, 19, 20 e 21 de xuño e 16 e 17 de outubro de 2012, das 9.00 ás 15.00 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

O persoal que desexe participar nas probas de avaliación libre dos cursos convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemático na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es

Outras novas recentes

Venres, 26 Xuño 2026

A CIG esixe explicacións pola falta de postos na elección de destino de corpos xerais

Dende a CIG solicitámoslle a Emprego Público que nos aclare posto a posto a tremenda desfeita que está a facer nos procesos de elección de destino dos corpos xerais. Temos moitísimas queixas de persoas traballadoras que están nestes procesos e que non saben o motivo de que se “comeran” tantos postos. Non sabemos se en Emprego Público pensan que só son “dúas ou tres persoas...
Sábado, 04 Xullo 2026

Modificación de RPT de Gain (xuntanza do 03/07/2026)

Fomos convocadas á negociación dunha modificación da RPT con cambios debidos á redistribución de competencias entre Educación e Industria, co paso da Axencia Galega de Innovación (Gain) a Educación. Opoñémonos ás modificacións das xefaturas de negociado, e solicitamos a revisión das áreas funcionais.  A respecto da proposta de modificación de RPT que trae á mesa de...
Sábado, 04 Xullo 2026

Carreira profesional e concursos F0425, F0326 e F0525 (CP 03/07/2026)

Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.  Resolucións pendentes da carreira profesional  Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día...