Novas por contido

O persoal que por antigüidade accedería ao sistema extraordinario de carreira profesional pero non cumpre o requisito de ter 40 horas de formación, está a recibir aviso das xefaturas territoriais para que aporten a documentación que poida emendar a súa exclusión do acceso ao grao I anticipado.

Temos información de que só en Educación estarían excluídas 73 persoas en Pontevedra e 115 en Coruña. Pero sen poder contabilizalo sabemos de moitos casos en todas as consellarías e ámbitos territoriais.

Non fai tantos anos que non existía a teleformación, ou que os exames e asistencia as clases eran case sempre en Compostela, tempos en que o director ou directora dun centro non autorizaba a asistencia a cursos especialmente se falamos de centros con pouco persoal como os de ensino. Ou simplemente non existía incentivo por falta de expectativa de promoción (moi evidente nalgunhas localidades e nalgúns corpos/escalas).

Resulta que os cursos de formación válidos son os da EGAP e escolas de formación análogas do Estado e demais comunicades autónomas, os da Academia de Seguridade, e os de sindicatos. Isto exclúe os cursos de galego e os que as consellerías fixeron pola súa conta.

Algúns exemplos de cursos das consellerías (organizados por interese e en beneficio da Administración),e que non son recoñecidos, son, por exemplo, os seguintes:

  • “Curso de iniciación para a informatización das secretarías de centros educativos” (40 horas)
  • “Formación en medios informáticos” (30 horas), organizado dentro do plan de formación do profesorado.
  • “Curso de perfeccionamento en informática para persoal adscrito ás secretarías dos centros educativos - proxecto estrela” (30 horas).

O Acordo de Concertación fixa outros posíbeis criterios de avaliación (dispoñíbeis no texto do Acordo). O último deles permitiría incluír a quen traballou dous anos en postos con características de illamento, soidade ou distancia con centros de formación.

Os criterios regulados no Acordo son de aplicación unicamente para o acceso anticipado aos graos I e II. Os demais casos non están regulados e non somos quen de imaxinar os problemas que pode xerar no futuro ao non coñecer cales serán as esixencias.

Como posíbeis solucións, solicitamos flexibilidade na súa interpretación, ou que habiliten de urxencia dende a EGAP cursos de teleformación, ou que na Orde que regulará o acceso extraordinario ao grao I se contemple que os requisitos de formación se teñan nun prazo de 6 meses. Pero en vista dos numerosos problemas que ten, a CIG directamente reclama a renegociación do Acordo de Concertación asinado por CCOO, UGT e o goberno de Feijoo.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...