Novas por contido

Desplegando artillería mediática para vender un pacto da vergoña sobre a carreira profesional, os medios reflicten as declaracións de Feijoo e dos sindicatos amarelos: mentira tras mentira.

1. A carreira profesional se lle vai aplicar a 21.500 empregados públicos. FALSO.

  • Dos 21.500 empregados públicos só se lle vai aplicar a carreira profesional a 8.395 FUNCIONARIOS DE CARREIRA.
  • FUNCIONARIOS INTERINOS: quedan fora 1.147 interinos, que só poderán acceder ao grao I da carreira profesional como pronto no 2024, xa que terán que agardar 5 anos. E non van poder acceder nunca ao resto de graos da carreira profesional.
  • PERSOAL LABORAL TEMPORAL E INDEFINIDO: quedan fora as case 5.000 persoas, e ningunha vai entrar na carreira profesional.
  • PERSOAL LABORAL FIXO: das 5.681 persoas deste colectivo, só os que opten por funcionarizarse e aproben van poder cobrar os importes da carreira profesional.

Polo tanto esta suposta mellora só vai ser aplicada a menos da metade das persoas que din UGT, CCOO e Feijoo.

2. A carreira profesional implica unha suba de 800,12 euros para todo o persoal. FALSO.

Para o ano 2019 o importe que se vai cobrar por grupos é o seguinte: 

Ano 2019. Importes brutos
  Anual Mensual
Subgrupo A1 800,12 66,68
Subgrupo A2 559,92 46,66
Subgrupo C1 541,68 45,14
Subgrupo C2 459,72 38,31
Agrup.Prof. 371,52 30,96

 

Os 800,12 euros brutos anuais non son polo tanto nin o que vai cobrar o persoal nin a media. É o que vai cobrar o persoal do subgrupo A1. E se comparamos co modelo de carreira profesional do SERGAS podemos observar que as contías son a metade.

Non podemos admitir un modelo de carreira profesional que como mínimo non sexa como o do SERGAS, tanto en retribucións como no referido ao ambito do persoal que abrangue, xa que no SERGAS se aplica a todo o persoal estatutario, funcionario e laboral, de carreira, fixo, interino, temporal e indefinido. E especialmente rexeitamos as mentiras dos asinantes do pacto da vergoña para vender ese acordo.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...