Novas por contido

ÁS VECES AS DENUNCIAS FAN O SEU TRABALLO

Antecedentes: Esta reunión (a segunda do COVID-19) viña precedida por un lado pola denuncia interposta polas 4 OOSS ante a incorporación do persoal ao centros de Cultura e segundo por a reunión previa co Secretario Xeral . Nesta xa se tocaron temas como os da limpeza de centros ou a non incorporación do persoal sensible en tanto non teña resolución de prevención.

- Melloras propostas pola Administración: a raíz da denuncia a consellería de Cultura púxose ás pilas e a situación dos centros a nivel material é moito mellor que hai 15 días. A denuncia tivo unha contestación negativa de inspección de traballo pero unha influencia moi positiva no quefacer da Administración. Así xa presentaron melloras como:

 

  • Informe de riscos biolóxicos nos centros (elaborada por Cualtis). Non aporta moito pero feito está.
  • Informe da situación de persoal no que atinxe a reincorporacións voluntarias, teletraballo e persoal reincorporado obrigatoriamente.
  • Informe das melloras introducidas nos centros dende a primeira reunión.
  • Elaboración dun Protocolo específico para o AGADIC.
  • Avaliación individualizada de riscos de centros e categorías profesionais. (presentarana sobre o martes)
  • Curso de formación para o persoal de centros nos riscos das novas tarefas a acometer segundo o protocolo específico de Cultura (a semana que ven van a comezar un cursiño online para o persoal, incluso reforzado con algún presencial para a xente que non poida conectarse ou con traballos moi específicos).

 

Temos que dicir que estas últimas melloras foron insistentemente solicitadas pola CIG dende as primeiras reunións.

As alegacións que a maiores fixemos, se concretaron nos seguintes eidos:

- Plan de limpeza específico centro a centro: necesitamos un documento que fixe e organice as tarefas de limpeza, as protocolize e se base no reforzo de persoal e horario e non nun mero traslado de zonas de limpeza. Recordamos a especial atención á limpeza dos medios materiais compartidos, no xa só no cambio de turno senón na mesma quenda.

- Reforzo na ventilación de centros: estamos a falar de centros situados en edificios antigos ou con poucos vanos polo que tanto na ventilación natural , como na mecánica debe terse unha especial atención fixándose na renovación de aire dende o exterior e na revisión de filtros e maquinaria.

- Extremar e garantir sempre a separación de 2 m. entre os traballadores/as: sobre todo nos centros pequenos onde agora mesmo non é un problema pero coa incorporación de persoal ao fin da II fase, vai haber moitos máis contactos.

- Existencia de dispensadores de hidroxel en todas as unidades e non só nas entradas e saídas.

- Instalación de mamparas separadoras da atención ao público en todos os centros (algúns non as teñen).

- Instalación de alfombras desinfectantes en todas as entradas (agora mesmo están en probas en 3 bibliotecas, pero debe estenderse o seu uso). Inflúe positivamente na limpeza do centro e ata evita algunha quenda de limpeza do chan.

- Solicitamos outra vez as xornadas de Formación: que foron ao final da reunión aceptadas polo Servizo de Prevención.

- Voltamos a facer fincapé nas dúbidas organizativas nos días de permiso de teletraballo, voltaron a desinformar ao persoal, dicindo que o día 1 se tiña que voltar aínda que estiveras teletraballando (dixeron que non teñen esa información, van a respectar o permiso de teletraballo da Fase II ata o 12 de Xuño e o que se diga por Función Pública para a Fase III).

- Con respecto aos cambios de quenda, flexibilizar as entradas e saídas para que non coincida moito persoal nas mesmas dependencias.

- Fixemos un alegato a prol do teletraballo e a súa necesaria ampliación (alguén xa nos recordou que non era o foro axeitado), pero nos o reclamamos en todos os foros aos que accedemos.

En fin, as cousas van indo, aínda que teñamos que turrar delas, quedamos para unha nova reunión para a implantación da Fase III.

 

SEGUIMOS PELEXANDO POR UNHA CONTINUIDADE NA SEGURIDADE

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...