Novas por contido

A pesar de que o período de alto risco de lumes comeza este 1 de xullo, a Xunta de Galicia carece aínda de estratexia e de plan de traballo para as persoas encargadas de coordinar a loita contra os incendios forestais no noso país. De feito na convocatoria de reunión do martes 30 de xuño tan só foron quen de incorporar un pequeno parágrafo de modificación do acordo do ano 2008, moi lonxe das reivindicacións que se levan reclamando desde fai meses.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT ante o nulo avance das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do Medio Rural continuaron o luns 29 de xuño coas mobilizacións diante da consellería do Medio Rural na que se celebrou unha concentración e unha asemblea de todo o persoal empregado público afectado.

Nesta asemblea acordáronse novas medidas de presión e denuncia da ausencia de estratexias de funcionamento do servizo de incendios da consellería de Medio Rural co persoal que coordina e xestiona a defensa contra os incendios forestais da Galiza.

Cun acordo de condicións de traballo do ano 2008 desfasado polos cambios na consellería, distribución de persoal e condicións de xestión do monte e bioclimáticas actuais non temos asegurada a capacidade de resposta do sistema e do cadro de persoal ante unha situación tan difícil como son os incendios forestais o que deixa desprotexido o servizo publico. Este acordo foi denunciado polas catro organizacións sindicais o 30 de agosto de 2019, despois de tentar a súa modificación desde maio de 2018, xa que contradí varios preceptos da normativa laboral, polo que reclamamos un NOVO ACORDO que dea como mínimo solución aos seguintes conflitos:

  • Aumentar o cadro persoal para garantir os descansos legais establecidos sen afectar negativamente aos servizos públicos de prevención e extinción de incendios forestais e de planificación e ordenación forestal.
  • Redución do horario anual que supera as 2000 horas (moi por riba do debido).
  • Regulación do traballo en fins de semana, festivos, gardas e descansos compensatorios e garantir 15 días de vacacións no verán.
  • Distribución da carga de traballo e maior organización entre a xestión de montes, a prevención e loita contra incendios forestais e a xestión do persoal adscrito aos distritos forestais.
  • Eliminar a dispoñibilidade absoluta dos xefes de distrito e establecer un/ha segundo xefe/a de garda por distrito forestal.
  • Segunda actividade e coeficiente redutor para os maiores de 60 anos.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...