Novas por contido

O persoal técnico do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) acordou a suspender a folga indefinida iniciada o pasado 1 de agosto unha vez se constituíu a comisión negociadora coa Consellaría de Medio Rural. As centrais CIG, CCOO, CSIF e UGT agardamos contar cun novo acordo de condicións de traballo antes do vindeiro 31 de decembro.

Logo das tres xuntanzas mantidas cos representantes do departamento autonómico nas que se concretaron varios dos compromisos acordados na asemblea de traballadores/as celebrada o pasado martes 22 de setembro, os catro sindicatos e o comité de folga optamos pola suspensión do paro. Agora a prioridade é retomar a mesa de negociación co fin de acadar un novo acordo de condicións laborais para este persoal empregado público.

Xa quedou formalmente constituída a comisión negociadora, na que a parte social achegou unha proposta de melloras, tal e como figuraba no cronograma pactado.

A negociación vaise realizar por bloques, e cóntase con rematar cun novo acordo de condicións de traballo antes do vindeiro 31 de decembro, no que ademais das melloras das condicións de traballo tamén se abordarán o plan formativo, a segunda actividade ou a inclusión do colectivo nun acordo estatal de coeficientes redutores para a xubilación anticipada.

Primeiro bloque de negociación

A respecto do primeiro bloque das negociacións, as organizacións sindicais fixeron entrega dun documento que recolle de xeito resumido cuestións como redución horaria, xornada máxima anual de traballo, réxime de prestación de servizo en período extraordinario (gardas) e ordinario, período mínimo de vacacións e garantía para o goce dos permisos e licenzas recollidos na LEPG.

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural comprometeuse a non seguir aplicando descontos ao persoal que non secundou a folga até que se faga unha revisión dos descontos aplicados. A xuntanza de hoxe rematou coa sinatura da acta, que recolle a constitución da mesa negociadora, a suspensión da folga e a negociación das condicións de traballo (primeiro bloque). Tamén se incluíu a convocatoria da seguinte xuntanza da comisión negociadora, prevista para o xoves 1 de outubro.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...