Novas por contido

Logo da xuntanza do venres 26, onde a Administración non trouxo a proposta comprometida, as organizacións convocantes acordamos manter calendario de mobilizacións.

Nesa xuntanza das organizacions sindicais coa Secrataría Xeral Técnica da consellería de medio rural e os dous directores xerais, os representantes da consellería escudáronse sen ningun pudor na Pandemia ao non seren quen de presentar ningunha proposta. Xa que para tratar as condicions laborais argumentaban necesario unha reordenacion previa do servizo (esta era a escusa anterior), reordenación da que nada sabemos e que tampouco foron quen de facer desde a chegada deste novo conselleiro. Así pasaron xa 25 meses dende a petición da negociación dun novo acordo sen sequera un texto sobre a mesa.

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, ante o nulo avance das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios da consellería do Medio Rural e tendo en conta que o período de alto risco de incendios forestais comeza este 1 de xullo convocamos as seguintes accións:

  • Luns 29 ás 11h, 2ª concentración diante da consellería do Medio Rural en San Caetano (Santiago de Compostela).

  • Luns 29 ás 11:30 h, convocatoria de rolda de prensa diante da Consellería de Medio Rural.

  • Asamblea de persoas traballadoras ao remate da concentración (na mesma esplanada).


Nesa asamblea acordaranse novas medidas de presión e denuncia da ausencia de estratexias de funcionamento do servizo de incendios da Consellería de Medio Rural co persoal que coordina e xestiona a defensa contra os incendios forestais da Galiza.

Cun acordo de condicións de traballo do ano 2008 desfasado polos cambios na consellería, distribución de persoal e condicións de xestión do monte e bioclimáticas actuais non temos asegurada a capacidade de resposta do sistema e do cadro de persoal ante unha situacion tan difícil como son os incendios forestais o que deixa desprotexido o servizo publico.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...