Novas por contido

A Xunta, a través da súa Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), presentounos o martes 16 de febreiro un borrador dunhas listas de contratación temporal de persoal investigador. 

A contratación de persoal investigador é algo suficientemente específico como para que en principio a CIG non se opoña a separalas do actual sistema de listas de contratación temporal que depende de Función Pública. Porén, hai moitas cousas que corrixir na proposta inicial.

Estas listas son para persoal que vai apoiar o actual cadro de persoal do Agacal ou son postos estruturais disfrazados de temporais? Que futuro teñen os proxectos cando rematen os contratos? Van contratar a outras persoas sucesivamente, en precarioi, en vez de convocar postos estables?

Non ten sentido que fagan contratos temporais por cada subvención e proxecto, porque esas subvencións repítense anualmente e necesitan persoal sempre, porque sempre teñen proxectos de investigación en marcha e sempre nas mesmas áreas de especialidade. Deste xeito, contratan a unha persoa con cargo aos fondos do proxecto A no ano 2021, remátalle o contrato e aos dous anos fanlle outro para o proxecto B, aos tres anos para o proxecto C.., ou ben a mesma persoa contrátana 50% para un proxecto e 50% para outro, e incluso sabemos de entidades distintas que contratan a tempo parcial dentro da mesma subvención á mesma persoa. E volta a empezar.

Respecto das bases da convocatoria:

  • Solicitudes e prazo: non ten sentido que a maiores de presentar a solicitude por rexistro electrónico, haxa que enviar a documentación por correo electrónico.

  • Requisitos específicos
    • Poñen como requisito ser doutor/a, ter acadada a suficiencia investigadora ou DEA. Pero tamén vale estar matriculado nun curso de doutoramento. Esto é, ter pagada a matrícula. O requisito mínimo non debe ser estar matriculado, senon ter DEA. 
    • Os requisitos de idioma galego teñen que ser os mesmos que se lle esixen ao resto do persoal: non nos vale un “compromiso” de adquirir os coñecementos no idioma.

  • Baremo de méritos
    • Para ter DEA debe superarse varios cursos de doutoramento, facer un traballo de investigación e defendelo nun tribunal. Como é posible que isto se valore con 2 puntos e a unha persoa por estar simplemente matriculada obteña 1 punto?
    • En ningún concurso de traslados nin proceso selectivo vimos que a puntuación por ter unha titulación fose diferente en función da cualificación. Rexeitamos que aquí puntuen diferente o doutoramento en función da cualificación.
    • Neste nivel de cualificación, o dominio do idioma inglés debe ser un requisito, non un mérito.
    • O mesmo co idioma galego: debe ser un requisito, non un mérito. E en todo caso, non poden puntuar o nivel mínimo (Celga 1) cando se require o Celga 4. Deben puntuar só os niveis superiores.
    • Capaitación para traballar co nanimais de experimentación: aparece no baremo de méritos, pero debe aparecer como requisito para postos específicos.

  • Documentación a presentar
    • Pedir certificado médico xunto á presentación da solicitude é xerar un gasto de diñeiro e de tempo innecesario, a maiores de que as circunstancias de saúde poden mudar co tempo. Abondaría con requirir o certificado só no momento da contratación.

  • Procedemento de elaboración das listas
    • Van facer o que lles peta, pois non haberá ningún tipo de contratación sindical nin no momento da elaboración inicial das listas nin ao longo do tempo.
    • O prazo para emendar e reclamar ás exclusión das listas é demasiado curto (tres días hábiles).
  • Procesos selectivos
    • Gardanse o dereito de facer “excepcionalmente” un proceso selectivo entre as persoas das listas. Non ten sentido.
    • E en todo caso, en que casos e de que maneira? Queda ao seu libre albedrio.

En definitiva, este sistema necesita darlle unha volta, tanto no que é o procedemento, como a non precarizar ao persoal investigador.

Outras novas recentes

Mércores, 11 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación continua en materia de idiomas

No DOG do 11/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o...
Venres, 13 Febreiro 2026

A CIG chama a acumular forzas na loita contra a precariedade e a desigualdade camiño do 8 e 10 de Marzo

A nosa central sindical celebrou asembleas de persoas delegadas nas comarcas para analizar a situación socioeconómica e abordar as problemáticas laborais.  dBDQXAsPOH0  A CIG fixo este 11 de febreiro un chamamento a acumular forzas mediante a loita nas empresas e administracións e na rúa contra a precariedade e a desigualdade camiño do 8 e 10 de Marzo, datas nas que a...
Luns, 09 Febreiro 2026

A CIG-Autonómica participa na elaboración do Protocolo Lingua Vital de actuación ante a emerxencia lingüística

A CIG-Autonómica asistiu o sábado 7 de febreiro á xuntanza dos grupos de traballo do Proceso social de Lingua Vital, que tivo lugar en Compostela, para concretar o texto do Protocolo Lingua Vital. O obxectivo da xuntanza do Proceso social de Lingua Vital, do que a CIG-Autonómica forma parte, foi concretar o protocolo de actuación ante a emerxencia lingüística do galego....