Novas por contido

O venres 12 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) na que se trataron as convocatorias de diversos procesos selectivos de acceso libre e promoción interna. Dentro do punto de Rogos e preguntas, o director xeral de Función Pública deu información de: concursos de traslados ..

CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS

Discutimos as bases das convocatorias dos procesos de acceso libre e promoción interna de:

  • A1: veterinarios, biólogos, finanzas, medicina, e a modificación da convocatoria xa publicada de inspección turística
  • A2: enfermaría e educador social, finanzas
  • B: educación infantil
  • C2: PSX, xerocultor, aux. laboratorio
  • AP: subalterno (con discapacidade intelectual)

O que defendeu a CIG foi (a grandes liñas):

  • Procesos baixo a forma de concurso-oposición
  • Promoción interna separada do acceso libre. Naqueles procesos en que xa existe outra promoción separada (PSX, A1-Finanzas ou B-Educ. infantil), retirar a promoción interna destas convocatorias e unila á promoción interna separada existente. Concordamos coa promoción interna vertical dende calquera escala do subgrupo inferior, pero queremos tamén a promoción horizontal que permita cambiar de escala dentro do mesmo subgrupo.
  • Exercicios: en seis meses. Non temas, nin oral nin lectura, todos tipo test (cuestionarios ou supostos prácticos). Cada exercicio sobre partes diferentes do programa, sen repetir materia. Nota de corte en todos os exercicios.
  • O programa en base a normas de dereito positivo. Si non é posíbel, que editen manuais ou publiquen referencias bibliográficas.
  • En promoción interna facilitar conservar a localidade, recualificando si é posíbel, descentralizar a administración. Non obrigar a permanecer no posto cando estea aberto ao subgrupo ao que se accede.
  • Durante o período de prácticas (finanzas ou turismo), que paguen o 100% das retribucións.
  • Advertimos que en A2-Finanzas non existen diferenzas entre acceso libre e promoción interna.

Estas convocatorias xa foran discutidas nunha xuntanza previa o mércores 10, e sobre elas presentan tres novidades:

1. A1-Veterinarios/as: dividiron a oferta en dúas convocatorias, unha mediante concurso-oposición (38 prazas), e outra mediante oposición (55 prazas). O exame sería o mesmo día. A CIG solicitou que tanto este proceso como todos os demais, sexan mediante concurso-oposición. E de manter a división en dous procesos, rexeitamos que obriguen a ter que elixir un proceso. O director xeral de Función Pública remata afirmando que van a reconsiderar a simultaneidade dos dous procesos.

2. Prazo para a realización do primeiro exercicio: fixeron caso a outros sindicatos e amplían os prazos para que o primeiro exercicio non sexa antes dos 9 meses. Pero no caso de finanzas recortan a tan só 3 meses. A CIG manifestou que:

  • Queremos proceso áxiles, que non pasen de 12 meses dende a convocatoria ata a toma de posesión, polo que defendemos que o primeiro exercicio sexa aos 6 meses.
  • As persoas candidatas teñen o dereito de poder organizar a súa vida, polo que a Administración debe ofrecerlles unha previsión de datas. Non nos vale a fórmula de “non antes de..”, pois Función Pública incumpre case sempre os prazos, chagando a duplicalos.
  • E no caso de finanzas, 3 meses é irracional.

3. Finanzas: van a conservar os exercicios aprobados do anterior proceso selectivo.

As convocatorias poderían quedar aprobadas nunha Comisión de Persoal o venres 19 de xaneiro. O día anterior teriamos outra xuntanza, na que tamén falariamos da promoción interna separada da que nos enviaron borradores en decembro.

ROGOS E PREGUNTAS

Concursos de traslados

  • Afirma o DXFP que están a traballar nas RPT de funcionarización e despois sacarían o concurso de traslados de administración especial. Indica que non de todas as escalas pero si dunha gran parte delas (menciona: enxeñerías, bioloxía, química, “e algunha mais”). Afirma que ten dúbidas de si entra o de veterinarios/as.
  • E que tamén están a preparar o concurso én da administración xeral (refírese a corpos xerais, non ás escalas)
  • A negociación sería ao longo deste mes ou a principios do seguinte.
  • Neste mes pecharemos o concurso de gardacostas.
  • A CIG insiste en que teñen que convocar os concursos de TODOS os corpos e escalas para que poidan estar rematados a 31/12/2024.

Acreditación de méritos para fases e concurso

  • Na semana do 22 (podería ser o día 24), publicarán a resolución para acreditar os méritos dos procesos selectivos por concurso da Lei 20/21, dos subgrupos A1 e A2.
  • Tamén sairá esa semana (ou bastante cerca) para uns procesos con fase de concurso anteriores á Lei 20/21 que teñen rematada a fase de oposición (acceso libre, estabilización e promoción interna).
  • Para a presentación dos méritos agardar ata que abran no Fides. Darán prioridade á documentación que chegue para os procesos unha vez que abran o prazo.

Eleccións de destino (e excedencias)

  • A mediados da semana do 15 publicarase a elección de destino definitivo de finanzas (A1 e A2) e abrirán o prazo para elección de destino para algunhas escalas (menciona enxeñería industrial e “algunha de A2”).
  • Informa de que nos procesos de bombeiros forestais (emisoristas, vixiantes..), solicitáronse 42 excedencias por interese particular (16) ou por servizos no sector público (26) para 255 prazas, e seguen a chegar peticións co que estamos chegando ao 20% de excedencias.

Listas de substitución

  • Publicarán a principios de semana a cobertura de prazas para listas de política social nas que había problemas de listas. Menciona principalmente enfermaría, aux. de enfermaría e medicina. A actualización xa a teñen feita.

Días de asuntos propios

  • Informamos dun erro no Portax, xa que aparecen 7 e non 8 días de asuntos propios para o 2024. Di o DXFP que o revisarán.

Consorcio

  • Afirma o DXFP que están a traballar na integración do persoal laboral fixo. Di que son máis de 200 persoas, que xa falta pouco, e que a maioría dos expedientes xa están completos.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...