Novas por contido

No DOG do 03/05/2021 fan públicas as puntuacións e o resultado das alegacións da cuarta proba do proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio da escala especial da Administración xeral, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Publícanse os resultados da elección de destino dos/as aspirantes que superaron os procesos selectivos do Grupo V, categoría 001 (Camareiro/a limpador/a e outros/as) e do Grupo IV, categoría 003 (Auxiliares de enfermaría e outras/os).
Pódense consultar na páxina de novas sobre os procesos selectivos: grupo V-001 e grupo IV-003.


O prazo de toma de posesión comenzará a computarse a partir do 10 de maio de 2021, e o prazo para tomar posesión será de un mes.

No DOG do 30/04/2021 convocan o proceso para a adquisición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 30/04/2021 convocan o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 30/04/2021 convocan o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do subgrupo C1 e do grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías pertencentes ao grupo III da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 30/04/2021 fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral, escala de veterinarios (subgrupo A1).

No DOG do 30/04/2021 fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas ao proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado ou titulada superior veterinaria, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza. 

No DOG do 30/04/2021 publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración Xeral, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, propoñendo o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

No DOG do 30/04/2021 publican a ampliación do prazo de presentación de solicitudes no procedemento de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo da AMTEGA procedente do suprimido CIXTEC.

Amplian o prazo ata o 13/05/2021.

No DOG do 29/04/2021 a EGAP convoca o webinario A Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galiza: novidades e aspectos máis significativos da nova regulación de ordenación do territorio.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 30/04/2021 ata o 06/05/2021.

Outras novas recentes

Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...
Martes, 21 Mai 2024

Límitación de 3 anos nas contratacións temporais e nomeamentos administrativos: as excepcións

A CIG ven de preguntarlle á Dirección Xeral de Emprego Público como vai afrontar a limitación a 3 anos das contratacións laborais temporais e os nomeamentos de persoal interino posteriores ao Icetazo (Real Decreto-lei 14/2021). Este establece que para a cobertura de prazas vacantes a persoa funcionaria interina ou laboral temporal terá unha permanencia máxima de 3 anos nese...
Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...