Novas por contido

No DOG do 13/01/2021 publican a Resolución pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo da especialidade de enxeñaría técnica en obras públicas.

No DOG do 13/01/2021 publican a Resolución pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

No DOG do martes 22/12/2020 publican a Resolución pola que fan públicas as listaxes definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta, categorías I-002 (titulado superior médico e outras), II-002 (ATS e outras) e IV-003 (auxiliar de clínica e outras).

As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes para solicitaren a devolución das taxas por dereitos de inscrición. 

No DOG do martes 22/12/2020 publican as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos das seguintes escalas e especialidades:

  • Escala superior de saúde laboral, A1. Ir ao DOG.

  • Escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, A1. Ir ao DOG.

  • Escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, A1. Ir ao DOG.

  • Escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, A1. Ir ao DOG.

  • Escala técnica de saúde laboral, A2. Ir ao DOG.

  • Escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, A2. Ir ao DOG.

  • Escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, A2. Ir ao DOG.

A Consellería de Emprego e Igualdade publica no DOG do 14/12/20 a Resolución pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2021 correspondentes a todos os concellos galegos.

No DOG do 10/12/2020 publican as puntuacións do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala superior de finanzas, subgrupo A1.

Todas as persoas que superaron o exercicio teñen acreditado estar en posesión do Celga 4, polo que non procede realizar o quinto exercicio.

No DOG do 9/12/2020 publican a Resolución pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica foresta.

No DOG do 9/12/2020 publican as cualificacións do 3º exercicio do proceso selectivo para o ingreso na especialidade de enxeñaría agronómica.

 

No DOG do 09/12/2020 publican a Resolución pola que modifican as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos seguintes procesos selectivos:

  • Ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión, subgrupo A2. Ir ao DOG.
  • Ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción inter4na, na especialidade de terapia ocupacional, subgrupo A2. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo superior, subgrupo A1. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo de xestión, subgrupo A2. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo administrativo, subgrupo C1. Ir ao DOG.
  • Ingreso no corpo auxiliar, subgrupo C2. Ir ao DOG.
  • Ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno. Ir ao DOG.

No DOG do 4/12/2020 publican a Resolución pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comundiade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Outras novas recentes

Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...
Martes, 21 Mai 2024

Consorcio: sen avances na negociación da xornada das escolas infantís e problemas cos Servizos Centrais

A CIG traslada diversos problemas derivados da aplicación do Acordo de Condicións de Traballo de Política Social, á Comisión de Seguimento, ante a falla de resposta por parte do Consorcio. • Dende a aplicación do Acordo nas escolas infantís do Consorcio, co paso a 35 horas semanais efectivas de traballo, son numerosas as dificultades que se están a dar nos centros para...
Martes, 21 Mai 2024

Límitación de 3 anos nas contratacións temporais e nomeamentos administrativos: as excepcións

A CIG ven de preguntarlle á Dirección Xeral de Emprego Público como vai afrontar a limitación a 3 anos das contratacións laborais temporais e os nomeamentos de persoal interino posteriores ao Icetazo (Real Decreto-lei 14/2021). Este establece que para a cobertura de prazas vacantes a persoa funcionaria interina ou laboral temporal terá unha permanencia máxima de 3 anos nese...