Novas por contido

No DOG do xoves 25 de xuño publican a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de contratación temporal en postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

O prazo de reclamación é de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

No DOG do 23/06/2020 publican a Resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2.

No DOG do 22/06/2020 publican a Orde que regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galiza nas eleccións convocadas ao Parlamento de Galiza para o día 12 de xullo.

No DOG do mércores 17 de xuño publícan varias resolucións polas que se se aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas en diversos procesos selectivos:

  • Acceso libre e promoción interna na especialidade de psicoloxía, subgrupo A1. Ligazón.
  • Acceso libre e promoción interna na especialidade de medicina, subgrupo A1. Ligazón.
  • Acceso libre e promoción interna na escala de ciencias, especialidade de bioloxía, subgrupo A1. Ligazón.
  • Acceso libre e promoción interna na especialidade de terapia ocupacional, subgrupo A2. Ligazón.
  • Acceso libre e promoción interna na especialidade de fisioterapia, subgrupo A2. Ligazón.
  • Acceso libre e promoción interna na especialidade de enfermaría, subgrupo A2. Ligazón.
  • Extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a. Ligazón.
  • Extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior medico. Ligazón.
  • Extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional. Ligazón.

As persoas excluídas dispoñen dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguínte á publicación no DOG.

No DOG do 12/06/2020 publican a Resolución pola que fan públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de:

As persoas interesadas teñen un prazo de 10 días hábiles para reclamar dende o día seguinte ao da publicación da Resolución.

O DOG do 12/06/2020 publica a Resolución da DXFP pola que se acorda realizar as probas presenciais daqueles procesos selectivos que se estaban a desenvolver antes da declaración do estado de alarma.

As probas serían a partir do día 1 de outubro, e os procesos afectados son os seguintes:

  • Libre, A1, superior de finanzas.
  • Libre, A1, superior de sistemas e tecnoloxía da información.
  • Libre, A2, subinspección urbanística.
  • Libre, A1, enxeñaría agronómica.
  • Libre, A1, enxeñaría de montes.
  • Libre, A2, enxeñaría técnica agrícola.
  • Libre, A2, enxeñaría técnica forestal.
  • P.I., A1, superior de sistemas e tecnoloxía da información.
  • P.I., A2, xestión de sistemas de informática.
  • Libre, A1, enxeñaría de camiños, canles e portos.
  • Libre, A2, enxeñaría técnica de obras públicas.
  • Libre, A1, letrados.

No DOG do 9/6/2020 publican a Orde pola que se declara inhábil o mes de agosto para os efectos do cómputo de prazos de diversos procesos selectivos da Xunta de Galiza. A relación dos procesos afectados están nesa Orde.

 

No DOG do 10/06/2020 publican as resolucións coas listas provisionais de persoas admitidas e exlcuídas en varios procesos selectivos. Son os seguintes:

  • Ingreso na escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial. Ligazón.

  • Ingreso na escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada. Ligazón.

  • Ingreso na escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo. Ligazón.

  • Ingreso na escala superior de saúde laboral. Ligazón.

  • Ingreso na escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial. Ligazón.

  • Ingreso na escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo. Ligazón.

  • Ingreso na escala técnica de saúde laboral. Ligazón.

O DOG do 5 de xuño recolle varias resolucións polas que fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas en varios procesos selectivos. A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a cada resolución.

Contra estas resolucións poderase interpoñer recurso de reposición nun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo en dous meses, contados ambos desde o día seguinte á publicación das resolucións no DOG.

  • Ingreso no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para ingreso no grupo I-004 do persoal laboral fixo. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no grupo II-007, de persoal laboral fixo. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no grupo III-002 e grupo III-062 de persoal laboral fixo. Ir á resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no grupo IV-001 de persoal laboral fixo. Ir á resolución.

 

No DOG do 27/05/2020 publícase a Resolución pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes e se adía a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).

O prazo de presentación de solicitudes será de catorce días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

A realización das probas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal)

Outras novas recentes

Xoves, 16 Mai 2024

Sonia Rodríguez-Campos González suprime na EGAP os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, vixentes dende hai 38 anos

Rueda dá un paso máis na vergoñenta desgaleguización da Xunta de Galiza da man de Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola A Xunta de Galiza creou polo Decreto 163/1982, do 1 de decembro, a E.G.A.P., co carácter de órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, mediante a Lei 4/1987 pasou a ser unha entidade autónoma dependente da...
Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...
Martes, 21 Mai 2024

Consorcio: sen avances na negociación da xornada das escolas infantís e problemas cos Servizos Centrais

A CIG traslada diversos problemas derivados da aplicación do Acordo de Condicións de Traballo de Política Social, á Comisión de Seguimento, ante a falla de resposta por parte do Consorcio. • Dende a aplicación do Acordo nas escolas infantís do Consorcio, co paso a 35 horas semanais efectivas de traballo, son numerosas as dificultades que se están a dar nos centros para...