Novas por contido

No DOG do 07/10/2020 publican o baremo definitivo da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

Nunha segunda Resolución fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso, e dan un prazo de 20 días naturais para presentar a documentación necesaria.

No DOG do 6/10/2020 publican as resolucións polas que convocan para a elección de destino ás persoas que superaron os procesos selectivos seguintes:

Elección definitiva: arqueólogos/as

Elección provisional:

No DOG do 06/10/2020 publican o baremo definitivo da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xesión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2. 

Nunha segunda Resolución fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso, e dan un prazo de 20 días naturais para presentar a documentación necesaria.

No DOG do 30/09/2020 publican a Resolución coas listas definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos:

  • Para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na especialidade de traballo social, subgrupo A2.
  • Para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na especialidade de Educadores, subgrupo A2.
  • Extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social.

 

 

 

No DOG do 28/09/2020 publican a Resolución pola que se nomea o tribunal do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2.

No DOG do 24/09/2020 publican a Resolución da EGAP pola que se convocan cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galiza.

Son os seguintes cursos:

  • Categoría xefe/a de brigada
  • Categoría de técnico/a en terra
  • Categoría de técnico/a de brigada helitransportada

Os tres cursos teñen unha duración de 23h, e ofertan 40 prazas. Serán na modalidade de telepresenza.

No DOG do 22/09/2020 publican a Resolución coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o seu baremo para a actualización de listas de substitucións temporais en postos de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

Outras novas recentes

Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...
Xoves, 16 Mai 2024

Sonia Rodríguez-Campos González suprime na EGAP os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, vixentes dende hai 38 anos

Rueda dá un paso máis na vergoñenta desgaleguización da Xunta de Galiza da man de Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola A Xunta de Galiza creou polo Decreto 163/1982, do 1 de decembro, a E.G.A.P., co carácter de órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, mediante a Lei 4/1987 pasou a ser unha entidade autónoma dependente da...
Martes, 21 Mai 2024

Límitación de 3 anos nas contratacións temporais e nomeamentos administrativos: as excepcións

A CIG ven de preguntarlle á Dirección Xeral de Emprego Público como vai afrontar a limitación a 3 anos das contratacións laborais temporais e os nomeamentos de persoal interino posteriores ao Icetazo (Real Decreto-lei 14/2021). Este establece que para a cobertura de prazas vacantes a persoa funcionaria interina ou laboral temporal terá unha permanencia máxima de 3 anos nese...