Novas por contido

No DOG do 20/12/2023 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 18/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de decembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Convocan para a realización do segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que se relacionan no DOG, que, de acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 3 ou equivalente.

este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 20 de decembro de 2023 en chamamento único que se iniciará a las 15.30 horas.

No DOG do 18/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía.

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

No DOG do 18/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Amplían o prazo de realización do terceiro exercicio en vinte (20) días hábiles.

No DOG do 15/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Amplían o prazo de realización do terceiro exercicio en vinte días hábiles.

No DOG do 15/12/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 213, do 8 de novembro).

No DOG do 15/12/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, titulado/a superior lingüista.

No DOG do 15/12/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

No DOG do 15/12/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de outubro de 2023 pola que se publica o Protocolo da Xunta de Galiza de actuación fronte ao acoso e ás violencias sexuais e psicolóxicas no traballo.

No DOG do 15/12/2023 publican o DECRETO 149/2023, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Política Social e Xuventude.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...