Novas por contido

No DOG do 16/11/2023 publican o DECRETO 144/2023, do 9 de novembro, polo que se modifica o Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes.

No DOG do 15/11/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos.

- RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos.

- RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

- RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Amplían o prazo de realización dos terceiros exercicios en vinte días hábiles.

No DOG do 15/11/2023 publican a RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 213, do 8 de novembro).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

No DOG do 15/11/2023 publican a RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal, os resultados acadados polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

No DOG do 14/11/2023 a FUNDACIÓN GALIZA EUROPA publica o ANUNCIO do 8 de novembro de 2023 polo que se fai pública a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas aspirantes que resultaron admitidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

A resolución pode consultarse no portal web corporativo da Fundación Galiza Europa, no enderezo https://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

No DOG do 14/11/2023 publican a RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

No DOG do 13/11/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023 pola que se convoca o webinario sobre Unha función pública estratéxica: o teletraballo na Administración autonómica. Análise xurídico-administrativa.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 23 de novembro de 2023.

No DOG do 13/11/2023 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 5 de outubro de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galiza.

No DOG do 10/11/2023 a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN publica a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023 pola que se convoca o procedemento de acceso ao grao I do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral propio.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e será de 10 días naturais.

No DOG do 10/11/2023 publican a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023 pola que se publica o Protocolo da Xunta de Galiza de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo.

Este protocolo ten por obxecto establecer as normas da actuación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades instrumentais do sector público autonómico fronte a calquera tipo de violencia manifestada mediante o acoso sexual, o acoso por razón de sexo, o acoso por razón de orientación sexual, identidade sexual, identidade de xénero e expresión de xénero, e calquera acto de natureza sexual non consentido ou que condicione o libre desenvolvemento da vida sexual se ten lugar como consecuencia ou con ocasión da prestación de servizos; e a violencia psicolóxica exercida polo acoso discriminatorio, o acoso moral ou psicolóxico e as condutas de violencia psicolóxica no traballo, na fase preliminar de investigación e avaliación dos feitos, co fin de determinar se existe fundamento para iniciar o procedemento para a adopción das medidas disciplinarias ou doutro tipo que resulten oportunas, ou dar traslado ao Ministerio Fiscal.

Están comprendidos no ámbito subxectivo de aplicación deste protocolo as persoas empregadas na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e nas entidades instrumentais do sector público autonómico sinaladas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...