Novas por contido

No DOG do 11/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023 do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñería técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos acordos do tribunal.

- RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado por Resolución do 30 de marzo de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 11/12/2023 publica a ORDE do 27 de novembro de 2023 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo do Consello Económico e Social de Galiza.

A integración suporá a novación da relación contractual e comportará a formalización dun contrato de traballo como persoal laboral fixo da Administración xeral da Xunta de Galiza, debendo tomar posesión no prazo de seis días hábiles desde o 1 de xaneiro de 2024, salvo que se atope gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, en cuxo caso o cómputo comezará o día seguinte ao da súa reincorporación ao posto de traballo. Os efectos económicos do cesamento serán os do último día do mes no que este se produza, sendo, en consecuencia, os efectos económicos da toma de posesión do novo destino o primeiro día do mes seguinte ao do cesamento.

No DOG do 11/12/2023 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZAA publica o ANUNCIO polo que se convocan procesos selectivos para cubrir catro prazas de persoal.

- Unha (1) praza de técnico/a superior de proxecto (referencia: QUANTUMSPAIN-23-TSP1).

Proxecto que se vai desenvolver: QUANTUM ENIA (QUANTUM SPAIN) concedido no marco da Agenda España Digital 2025 do Plan de recuperación, transformación y resiliencia, de conformidade co disposto no Real decreto 936/2021, do 26 de outubro.

O prazo de presentación de solicitudes, para estes postos ofertados, será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

- Unha (1) praza de técnico/a superior de proxecto (referencia: COPERNICUS-23-TSP1).

Proxecto que se van desenvolver: COPERNICUS MARINE-Production-Provision of Ocean Monitoring and Forecasting Products financiado pola Comisión Europea.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 07/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

- RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

- RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

- RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Amplían o prazo de realización dos terceiros exercicios dos procesos selectivos en vinte días hábiles.

No DOG do 07/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 115, do 18 de xuño).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base V.7 da convocatoria, son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases da mesma, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino. As ditas persoas aspirantes están condicionadas á superación do período de prácticas para facer efectiva a elección de destino.

Os postos ofertados para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

No DOG do 07/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos acordos do tribunal.

Segundo a base II.2.8, publican, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio deste proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, resultando unha única persoa apta. A respecto das persoas que non acadaron algunha das ditas porcentaxes mínimas, publícanse na relación correspondente e decláranse non aptas, e sinálanse para cada aspirante as partes *1, *2 e *3 (=ambas as partes) en que non se cumpriu a condición de superación da porcentaxe mínima exixible. En razón aos ditos criterios, unha asignación de puntuacións neste último grupo non sería homologable á das restantes persoas aspirantes.

Segundo o disposto na devandita base II.1.1.1.d) da convocatoria, os aspirantes declarados aptos deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio, na sala D situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela, o luns día 18 de decembro, entre as 15.00 e as 16.00 horas, programación que recollerá na dita sala o tribunal.

No DOG do 07/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, titulado/a superior lingüista.

- RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados.

No DOG do 07/12/2023 a AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023, da Comisión de Selección encargada de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III.

No DOG do 07/12/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 10 de decembro de 2023.

No DOG do 05/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...