Novas por contido

Dado o voto negativo das catro organizacións sindicais na Comisión de Persoal do 9 de xullo ao Acordo dos bombeiros forestais e segunda actividade, ao Director Xeral da Función Pública non lle quedou outra que retirar a proposta que nos presentara en días pasados.

A CIG votou en contra dado que non se garante dacordo co recollido no Catálogo Nacional de Ocupacións, ó 5932 Bombeiro Forestal (Real Decreto 1591/2010 do 26 de Novembro), consecuentemente a condición de pleno dereito da categoría Bombeiro Forestal, condición que temos dereito ao seu recoñecemento en base as nosas funcións de prever, combater e extinguir os incendios de natureza forestal encomendadas no CNO 2011.

O voto en contra ao Acordo de Bombeiros Forestais por parte da CIG veu determinado pola non inclusión das nosas alegacións achegadas ao texto inicial. Por outra banda, aquelas formuladas pola propia Función Pública dende a presentación do borrador do acordo non teñen base como para seren consideradas en conta aos efectos de recoñecemento da nova denominación da categoría.

As alegacións da CIG estaban baseadas na modificación da denominación das categorías profesionais do SPDCIF, partindo de Bombeiro Forestal para Peón do SPDCIF, en base ao recollido no CNO 2011, conquerindo ademáis unha cualificación de especialista (grupo 8 de cotización á Seguridade Social), cualificación necesaria para ter acceso a formación precisa, en base ao reflectido no Real Decreto 1031/2011, do 15 de Xullo, polo que se complementa o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Ademáis, coa nova denominación a Bombeiro Forestal, o persoal do SPDCIF deixaría de atoparse en fraude de lei (contractualmente falando) xa que mudaría o grupo profesional no que nos atopamos agora, número 9 (Ocupacións elementais) CNO 9543 – Peóns forestais e da caza, pasando ao grupo 5 con código CNO – 2011: 5932 Bombeiro Forestal.

Outras alegacións expostas por parte da CIG e non aceptadas foron a contabilización do tempo traballado na categoría da que se provén, aos efectos do cómputo de
servizos prestados nos procesos que se establezan (exemplo, listas de contratación, procesos selectivos, concursos de traslados, etc), así como o proceso da segunda actividade, recollido no propio Convenio Colectivo Único e que debería tratarse por separado dado que precisaría dunha regulamentación moito máis extensa que a detallada no borrador do acordo, e obrigatoriamente durante todo o ano, non posibilitala únicamente ao período de alto risco de incendios forestais.

Coa proposta da Función Pública tiñan a intención de declararnos persoal laboral de segunda clase. Os traballadores e traballadoras do SPDCIF, profesionais dende o ano 1991 temos conquerido o recoñecemento profesional como para non andar pedindo limosnas aos dirixentes políticos.

A CIG non vai facerlle o traballo electoralista ao Partido Popular, que desexaba o apoio alomenos de tres organizacións sindicais para saír perante a opinión pública vendendo o acordo cunha nova funcionarización do persoal laboral, unha vez máis. A derradeira xogada de Función Pública máis Medio Rural foi presentar, uns minutos antes do comenzo da xuntanza unha nova proposta no tema da funcionarización, consistente na apertura do proceso para o ano 2017 coas categorías profesionais que se acordasen cos sindicatos asinantes do acordo, e posteriormente coa aprobación da lei de creación das escalas establecerían a denominación das mesmas así como as funcións e especialidades de cada unha das categorías. Pero eso sí, sempre que o Partido Popular continuase no goberno da Xunta de Galicia. Eso é unha proposta constructiva!!! Votemos ao Partido Popular o día 25 de setembro e disfrutaremos do ceo pola nosa eternidade!!! Xa perdimos a conta de cantos procesos de funcionarización presentou o Feijoo á prensa, de momento non concretou ningún, nin se esperan.

A liña vermella para a CIG foi é será sempre a condición de Bombeiro Forestal ao persoal do SPDCIF, motivo polo que votamos negativamente á proposta da Función Pública, proposta que “de facto” non recollía todo o concernente aos dereitos que un bombeiro forestal ten asignados polo Catálogo Nacional de Ocupacións 2011.

Ao sair da xuntanza os sindicatos acordaron xuntarse nesta semán para concretar as medidas de mobilización para conquerir a condición de Bombeiro Forestal con todas as garantías e recollidas no RD 1591/2010 do 26 de Novembro.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...