Novas por contido

No DOG do 15/10/2010, e segundo a previsión de Función Pública, publícase a Resolución do 8 de outubro de 2010 pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso 01/2010 para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de maio de 2010 (DOG 06/05/2010). Nesta resolución saen publicadas as persoas excluídas de xeito definitivo.

Nesta ligazón, podedes comprobar se estades na listaxe de admitidos introducindo o voso NIF, o código "F0110" no campo "concurso" e "2010" no campo "ano".

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.


Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...