Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120501.Vigo.1.jpg
  • 20120501.lugo.1.jpg
  • 20120501.Pontevedra.1.jpg
  • 20120501.Pontevedra.2.jpg
  • 20120501.Compostela.4.jpg
Mércores, 19 Setembro 2018

Campaña de vixianza da saúde para o persoal dos centros docentes

Este mércores 19 de setembro a Consellería de Cultura, Educación e OU informa a través da súa páxina web que se abre a campaña de vixianza da saúde para o persoal dos centros de ensino.

O prazo xeral de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal).

É aplicable ao persoal funcionario e laboral da Xunta e tamén ao persoal docente, en...


Mércores, 12 Setembro 2018

E os concursos de traslados, para cando?

En xuño do ano pasado asistimos a unha xuntanza na que o director xeral da Función Pública fixo entrega ás organizacións sindicais do primeiro borrador do que pretendía ser un baremo común para os futuros concursos de traslados. A intención era sistematizar e simplificar os procedementos dos concursos para chegarmos a unha situación de concurso anual para todos e todas (laborais, corpos xerais, especiais e escalas).

Dende entón falamos do asunto en moitas outras ocasións, recibimos máis...


Luns, 10 Setembro 2018

Unha maior submisión, vendida como independencia do funcionariado por Feijoo

O goberno galego anunciou que deixará de asignar mediante libre designación 591 postos que ata agora eran cubertos “a dedo”. Venden deste xeito o cambio de forma de provisión de numerosas xefaturas de servizo (e outros postos), que pasarían da seren cubertas mediante libre designación ao futuro concurso específico, unha forma de provisión menos discrecional, segundo publicitan nunha comunicación enviada aos medios o domingo 9 de setembro, antes de negocialo cos representantes sindicais.

A...


Mércores, 29 Agosto 2018

A CIG esixe a medio rural a incorporación dos rotativos de emerxencias aos vehículos do SPDCIF

A CIG ven de rexistrar escritos dirixidos á Secretaría xeral técnica do Medio Rural, esixindo que se aplique a normativa vixente e se instalen as luces prioritarias aos vehículos do SPDCIF.

Matizamos especialmente o caso das “pickup” das Brigadas, xa que derivada dunha instrución do ministerio do interior de Xuño de 2017, a velocidade destas víase limitada a 90 km/h.


Luns, 27 Agosto 2018

A empresa de extinción de lumes substitúe ilegalmente un helicóptero por outro que soamente ten hora e media de autonomía

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /Consultoría Natutecnia, SL foi contratada pola Xunta de Galicia Consellería de Medio Rural  para o servizo dun helicóptero e brigada, con destino ao S.P.D.I.F. durante os anos 2015, 2016 e 2017 (con prorrogas ate 2019) destinado a base Ourensán de Toén no distrito forestal XII Miño-Arnoia (Expediente 15/2015).

A  citada empresa  concesionaria leva dende outubro de xullo do 2017 sen o helicóptero Puma  con matrícula EC-JYP e substituído...


Luns, 27 Agosto 2018

Denuncia na Inspección de Traballo contra Medio Ambiente

O lume no Parque Natural do Invernadeiro pon en evidencia a falta de seguridade e coordinación que a CIG leva anos denunciando

A CIG presentou hoxe unha nova denuncia contra a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio diante da Inspección de Traballo por incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais tras o acontecido no incendio forestal declarado no Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso, Ourense, onde se evidenciou a falta de seguridade e...


Venres, 24 Agosto 2018

Falta de seguridade e erros de coordinación nos incendios

Comunicado do comité de folga dos axentes forestais e ambientais da Xunta ante o acontecido no incendio forestal provocado pola caída de dous raios este mércores 22 de agosto no Parque Natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso, Ourense:


Xoves, 23 Agosto 2018

A empresa de helicópteros de extinción non dispón das tripulacións na base de Toén ante unha eventual emerxencia

Aconteceu que durante un lume a tripulación do helicóptoro atopábase aloxada nun hotel a 30 minutos da base o que pode ocasionar problemas de resposta ante perigos para persoas e bens durante os lumes forestais.

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /Consultoría Natutecnia ,SL foi contratada pola Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Rural para o servizo dun helicóptero e brigada, con destino ao SPDCIF durante os anos 2015, 2016 e 2017 (con prorrogas ate 2019) destinado a...


Venres, 24 Agosto 2018

Os axentes ambientais galegos claman en Vigo pola súa dignificación laboral e contra a política forestal da Xunta

Máis de 1500 persoas percorreron este mércores as principais rúas de Vigo na manifestación convocada polo comité de folga dos axentes ambientais e forestais (CIG e UGT) para reclamar a dignificación laboral deste colectivo mediante un acordo que regule as súas condicións de traballo e denunciar que “a Xunta de Galiza, sen unha política forestal clara, dálle as costas ao noso monte e ao patrimonio natural galego”.

A marcha, que arrincou da Praza dos Cabalos pasadas as 19:00 horas e rematou...


Domingo, 12 Agosto 2018

Para setembro a negociación do acordo de mellora no emprego e carreira profesional

Despois de que a CIG puxera enriba da mesa que non se poden negociar incrementos ridículos como os derivados dos acordos de Madrid e obviar a necesidade de establecer unha carreira profesional, Función Pública ponnos un borrador enriba da mesa. Isto, que nun principio pode parecer razoábel, deixou de selo en canto Función Pública amosou a súa intención de negociar e pechar o asunto en poucos días, en pleno mes de agosto, coa maior parte dos/as empregados/as públicos/as de vacacións. Función...


Aínda así, quedaron moitas propostas da CIG para unha negociación posterior que agardamos sexa no menor tempo posible. Outras propostas nosas como a voluntariedade de ser chamado/a para as brigadas helitransportadas do SPDCIF ou a posibilidade de que nos permisos de maternidade non se perda a opción de mellora, aínda que non foron recollidas no texto do decreto hai un compromiso por parte da Administración de que se podan desenvolver e acordar no ámbito da Comisión Central de listas de contratación. Tamén, a petición da CIG, os acordos de dita Comisión serán publicados na web de Función Pública.

NOVAS DO DECRETO 124/2016 EN COMPARACIÓN CO DECRETO 37/2006:

1. Suprímense as comisións permanentes provinciais (xa non estaban operativas)

2. Permite a renuncia sen penalización a un posto:

  • Cando a discapacidade impide ou limita substancialmente o desempeño das funcións do posto.
  • Cando o posto ten xornada igual ou inferior a metade da xornada ordinaria unha vez transcurridos 6 meses dende a data de inicio do contrato.
  • Cando o posto é fixo-discontinuo e ten un periodo de actividade igual ou inferior a 6 meses

Nos dous últimos caso será preciso presentar un aviso previo de renuncia con 20 días naturais de antelación a data da renuncia

3. A modificación de ámbitos e datos persoais (excepto o teléfono) debe facerse sempre telemáticamente

4. A suspensión de chamamentos debe facerse telemáticamente e terá efecto ao día seguinte da súa presentación

5. Será necesario pedir a reincorporación para volver as listas despois de haber pedido unha suspensión. Esta petición terá efecto aos 30 días

6. As persoas penalizadas que desexen volver as listas poderán solicitar telemáticamente a reincorporación. A solicitude terá efecto:

  • transcurrido 1 ano da data de penalización si se fai durante o periodo de penalización;
  • ao día seguinte da presentación si se fai unha vez rematada a penalización.

7.Será obrigatorio para poder presentar solicitudes a comunicación dun teléfono móbil