Inicio
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, bombeiros/as forestais e persoal sociosanitario

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato. 

Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a xubilación parcial e os coeficientes redutores para anticipar a idade de xubilación. 

Estamos ante unha nova reforma ...


Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega.

Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando dos 102 postos hai CERO na provincia de Ourense, 8 na de Lugo e 9 na de Pontevedra e 85 na da Coruña dos cales 68 están ...


Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación!

As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina.

O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto devastador nas condicións humanitarias e laborais do pobo palestino. As administracións públicas, baixo o principio de ...


Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro. 

A xuntanza non durou moito. Foron unhas palabras de presentación da nova directora quen manifestou as súas intencións de ...


Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral.

Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados.

Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e comunicación dos centros co departamento de persoal (Demandas psicolóxicas -DP- moi elevado e Relacións e apoio social -RAS- ...


Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo

Precarización das condicións laborais e de vida

A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de exclusión social fan que exista unha precarización das condicións laborais e de vida. Unha situación que provocou a ...


Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria.

Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a Consellería do Medio Rural tan só 15 forman parte da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO). Esta unidade foi ...


Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de:

- Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.


Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de selección.

A AGASP vén de convocar a actividade formativa “Análise de incendios forestais”, de 120 horas e 40 prazas, ...


Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa. 

O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos públicos, dado que afecta á calidade do servizo ao eliminar a programación educativa, as xuntanzas coas familias, a ...


Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial).

No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da relación de prazas que teñen reserva. Ao tempo, reclamamos a convocatoria inminente das prazas de concurso específico, que ...


A Escola Galega de Consumo é unha unidade administrativa do Instituto Galego de Consumo (IGC) á que se lle adscribiron recentemente un par de prazas de persoal funcionario pero cuxas funcións principais realiza unha empresa privada. Antes de existires esta unidade como tal, xa existía esta contrata na que asistencias técnicas levan a cabo a función formativa que ten encomendada o IGC.

No momento de negociar a RPT, a CIG xa denunciou este modelo de organización administrativa no que a prestación dos servizos públicos queda en mans de asistencias técnicas para as cales non rexen as mesmas regras da austeridade que no caso das prazas de emprego público.

Dada a situación de agresión actual ao emprego público, non podemos consentir que se sigan multiplicando as contratacións con empresas privadas para levar a cabo o noso traballo. Segundo a normativa propia do IGC, a formación é dunha competencia estrutural, así pois este debera dotarse de xeito permanente do persoal propio necesario. En todo caso, dentro do IGC atópanse empregados e empregadas públicas cos coñecementos necesarios para suplir a gran maioría das actividades a desenvolver dentro desta contrata, porén prefírese seguir acudindo a empresas externas.

O que pretende a Xunta de Galiza non é aforrar, non é unha cuestión de austeridade, é unha cuestión de modelo de Administración pública; redúcese persoal propio, amortízanse postos, rebaixase salarios públicos, pero séguense facendo contratos de servizos, a maioría das veces máis caros, para funcións que poden ser desenvolvidas de xeito máis eficiente polos traballadores públicos da Xunta de Galiza.  

Dado que esta política está afectando gravemente á prestación dos servizos públicos, así como ao emprego público, a CIG-Autonómica, volve poñer enriba da mesa a súa proposta de comisión de control sobre a privatización da Administración autonómica. A atención focalizaríase en fixar se o obxecto e natureza do contrato é determinado na duración da obra e servizo e se pode considerarse que é un traballo estrutural a desenvolver con persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza.

Nota remitida á prensa

Defendamos o noso traballo, defendamos o noso futuro