Inicio
Martes, 13 Agosto 2024

SOS nas residencias: urxe persoal!

Situación crítica nas residencias de maiores da Xunta pola falta de persoal e a necesidade urxente de adoptar medidas.

Cada vez é mais grave a situación que atravesan as residencias de maiores xestionadas pola Administración xeral da Xunta de Galiza debido á escaseza de persoal e, en particular, á falta de substitutas e substitutos. Como é de sobra coñecido, as condicións laborais no sector sociosanitario e, máis concretamente, nas residencias, distan moito de ser óptimas. A falta de ...


Mércores, 07 Agosto 2024

Cambio das datas de exames e desculpas absurdas: cando a palabra da directora xeral vale CERO

Antes do verán tivemos novas sobre o aprazamento dos procesos de promoción interna e de libre, que nos obrigaron a esixirlle á directora xeral en varias ocasións aclaracións.

Despois de eludir o tema varias veces, respondeunos finalmente o 21 de xuño nunha comisión de persoal que “...se comprometían a poñer os medios necesarios para que se puidera cumprir o calendario anunciado.” Esta parecía a resposta correcta para non contradecir ao Presidente da Xunta que nunha nota de prensa anunciou ...


Luns, 05 Agosto 2024

A Xunta fomenta o modelo público-privado nas residencias e centros de día

O investimento en residencias e centros de día: unha porta aberta a privatizar o coidado dos nosos maiores

Nos derradeiros anos estamos a ser testemuñas dun crecente interese por parte da Administración Pública en fomentar a inversión pública na construción de centros de maiores para posteriormente ceder a súa xestión a empresas privadas “amigas”; obtendo estas unha serie de beneficios como poden ser fundamentalmente os económicos; non asumindo os custos iniciais (infraestruturas), o que ...


Venres, 02 Agosto 2024

Funcionarización: CCOO e UGT condenan ao persoal laboral fixo a perdas retributivas de ata 3.000 € anuais

Na Comisión de Persoal do venres 2 de agosto CCOO e UGT votaron a favor dunha RPT de funcionarización que supón perdas retributivas de ata 3.000 € nalgunhas categorías laborais

O persoal laboral fixo da categoría 009 do grupo V, vixiantes de recursos naturais, de acordo coas sentenzas firmes, percibe as súas retribucións do grupo IV ao probarse que desenvolven as mesmas tarefas que os gardas xuramentados fluviais, categoría 007 do grupo IV, polo que, mentras sigan desenvolvendo as mesmas ...


Xoves, 01 Agosto 2024

Ampliación do tempo de traballo do persoal descontinuo do SPIF (Comité Intercentros 1/8/24)

O xoves 1 de agosto, por fin, e despois da promesa do presidente Rueda antes das últimas eleccións, parece que arranca na práctica a ampliación do tempo de traballo do persoal descontinuo do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), que pasaría de 6 a 9 meses.

Así pois, segundo se nos informou na xuntanza co Comité Intercentros deste mesmo día, o persoal descontinuo do SPIF pasará a traballar 7 meses durante o ano 2024, 8 meses no ano 2025 e 9 meses a partir do ano 2026 ...


Mércores, 31 Xullo 2024

A CIG presenta sinaturas pola creación urxente das listas de contratación en incendios

Logo de ignorar as numerosas veces que dende a CIG se expuxo a necesidade de creación das listas de persoal funcionario, chegaron a ter que que sacar unhas listas polo trámite de urxencia para poder cubrir as prazas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Non será por non avisar!

A funcionarización do SPIF levouse a cabo xa fai un ano, o dia 1 de xuño de 2023. E xa dende esas, a CIG solicitou a creación de listas para a cobertura das prazas funcionarizadas.

A toma de ...


Mércores, 24 Xullo 2024

Modificación da RPT de Educación: destrución de postos de traballo

A xustificación desta proposta de modificación parcial da RPT da recentemente rebautizada Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional baséase fundamentalmente na necesidade de adecuar as unidades administrativas á nova estrutura orgánica, pero en realidade non é máis que outra destrución de postos base para crear postos de escalas e niveis altos centralizándoos en Compostela e deixando ás Xefaturas (agora chamadas Departamentos) Territoriais e os centros de ...


Mércores, 24 Xullo 2024

Valoración do tempo de inactividade do persoal fixo descontinuo

O pasado 18 de xullo tivemos unha xuntanza con Función Pública por mor dos procesos selectivos de estabilización. Desta xuntanza que tivo carácter meramente informativo, podemos salientar as seguintes cuestións:

- Función Pública vai valorar o tempo de inactividade do persoal fixo descontinuo por mor da xurisprudencia do Tribunal Supremo.

- Segundo o seu criterio non teñen que modificar as bases da convocatoria onde hai persoal fixo descontinuo porque non é un cambio nas bases, senón unha ...


Luns, 22 Xullo 2024

Asinado o Acordo de condicións laborais do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF)

O Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF asinouse este luns 22 de xullo

Dende o ano 2018 na CIG levamos demandando que a organización e condicións laborais do persoal do SPIF tiñan que ser obxecto dunha nova regulación, adaptada á evolución na tipoloxía dos lumes e á multiemerxencia no medio natural e rural. Traballo nos costou, mobilizacións incluídas, que a Xunta se sentara a abrir unha negociación.

Mais cando a Consellería decidiu abrir esta negociación, só estivo disposta a ...


Martes, 16 Xullo 2024

Función Pública altera os criterios da estabilización, sen dar moitas explicacións

Cando a Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) publicou o pasado 9 de xullo o baremo provisional do proceso de estabilización da categoría de xefe/a de brigada, saltaron as alarmas polo feito de que a experiencia profesional que se lle asignaba a moito persoal era superior á esperada, mesmo por riba da declarada polas propias persoas afectadas no seu autobaremo. Os efectos sobre as futuras relacións de persoas que superarían o proceso poderían ser importantes ...


Mércores, 10 Xullo 2024

O Tribunal Supremo obriga a Seaga a non discriminar salarialmente ao seu persoal descontinuo

O Tribunal Supremo confirma, e fai firme, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza presentada pola CIG sobre a discriminación do persoal descontinuo no cobro do plus de funcións da empresa pública Seaga.

A sentenza do TSXG confirmada ditaminaba:

La decisión de la dirección de la EP SEAGA SA de atribuir, por medio de dos instrumentos de ordenación de las relaciones laborales, al personal denominado 'discontinuo' menor sueldo y derechos profesionales que los reconocidos al ...


Dende a CIG consideramos que aos/as empregados/as públicos/as non se nos pode devolver a débeda salarial contraída pola Administración a golpe de campañas electorais.

Démoslle conta de que hai máis dun ano que lle fixemos chegar a Feijoo un Plan de renegociación da débeda salarial co seguinte contido:

Como punto de partida teríamos unha modificación dos Orzamentos Xerais para o ano 2015 onde se contemple o seguinte:
•    100% do Complemento Específico, e equivalente para o persoal laboral.
•    Soldo Base e Trienios en igual contía nas 14 pagas.
•    As retribucións íntegras serían actualizadas polo IPC galego.

Partindo desta base, o importe do resto das débedas contraídas se liquidaría nun prazo de 3 anos do seguinte xeito:

2015

2016

2017

Pago das detraccións salariais do ano 2012

Pago das detraccións salariais do ano 2013

Pago das detraccións salariais do ano 2014

Incremento do 5%

Incremento do 5% + IPC galego

Incremento do 5% + IPC galego

1º Pago dos xuros xerados polo importe total da débeda

2º Pago dos xuros xerados polo importe total da débeda

3ª Pago dos xuros xerados polo importe total da débeda e liquidación

Importe do FAS (Acordo do 2009)

Introdución na estrutura salarial como salario directo das cantidades equivalentes ao Fondo de Pensións do Estado

 

Esta organización sindical estaría disposta a dar todo tipo de facilidades no relativo aos prazos e aos conceptos, actuando de xeito flexible, de cara a que a parte debedora poida dar cumprimento ao acordado.

Evidentemente agora habería que engadir o pago das detraccións salariais do 2015 e 2016.

O Partido Popular, a pesar de sermonear sobre as boas expectativas económicas e a senda de crecemento económico e a perspectiva de incremento dos ingresos da Xunta de Galiza non quere asumir tal plan, nin sequera quere recoñecer esas cantidades como débeda salarial, o que da fe da súa confianza na recuperación económica.

Por outra banda, e tamén como caramelo electoral, insinúan que a finais de ano poderían modificar, que non derrogar, a Lei de medidas temporais en materia de emprego público, pero tampouco se queren comprometer a nada. Deben pensar que lles imos facer publicidade gratuíta de promesas sen que se concreten en feitos.

E de derrogar o imposto por enfermar, a detracción de parte do salario por entrar en situación de incapacidade temporal, tamén se negan e din que o van manter.

En definitiva, anuncian o que xa sabíamos pero o reservan para os períodos electorais, como se os/as empregados/as públicos/as fóramos idiotas dando palmas ou votos, porque os morosos nos pagan unha ínfima parte do que nos deben.