Poñemos a túa disposición as achegas que presentamos aos informes de finalización da primeira fase que nos remitíu a Administración. 

Como xa sabes, a Xunta está a incumprir o seu propio Protocolo de incorporación ao traballo presencial. Entrou na súa segunda fase a pesares de que para pasar dunha fase a outra era preceptivo un informe no que se especificaran, a maiores da identificación dos postos, as medidas implementadas por centro directivo/xefatura territorial coa comprobación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) e o tratamento previo nos Comités de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL).

Pois ben, do SPRL pouco ou nada sabemos pois debe estar máis que desbordado e a Xunta nin reforza ese servizo propio, nin resposta que pasa co ERTE de Cualtis, entidade allea coa que a Xunta ten concertada a Prevención de Riscos Laborais. Dos CSSL sabemos que na maioría deles, agás o de Economía, Emprego e Industria e o de Cultura, non houbo xuntanza previa e incorporaron ás bravas ao persoal. Porén, dende a CIG seguimos a reclamar que se tomen medidas preventivas fronte ao coronavirus e que non se reincorpore ao persoal ata estar seguros e con garantías: o persoal empregado publico non queremos un rebrote da pandemia e non queremos enfermar, por iso na CIG acordamos alegar para que o teñan claro e demandar á Xunta se non actúan.

Alegacións da CIG aos informes de finalización da primeira fase

Non somos perfectas e perfectos, e seguro que nos quedan cousas por dicir, polo que se queres engadir algo, ponte en contacto coa CIG.