Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120511.gaias.18.jpg
  • 20120209.Vigo.3.jpg
  • 20120511.gaias.3.jpg
  • 20120501.Compostela.4.jpg
  • 20120621.cadea_humana.san_caetano_6.jpg
Xoves, 21 Xuño 2018

A CIG solicita a inclusión na RPT dos postos do novo IES de Soutomaior

A Consellería de Educación publicou no DOG do martes 19 de abril a Orde pola que autoriza a posta en funcionamento do centro IES de Soutomaior. Estupendo, pero falta un trámite por facer.

Non é a primeira vez que a consellería pon en marcha un centro de ensino e o dota de persoal docente e non docente, pero esquece incluir os postos na Relación de Postos de Traballo. Eses postos novos, que inicialmente cubrirían con persoal interino mentres non sexan incluídos na RPT, non van ser ofertados...


Luns, 18 Xuño 2018

Discriminación no Consorcio ás mulleres en suspensión por maternidade no ano 2017

  • O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Xunta de Galiza e o INSS discriminan ás mulleres que estiveron en suspensión por maternidade no ano 2017.
  • A data de hoxe as traballadoras do Consorcio que tiveron un/ha fillo/a no 2017 non se beneficiaron do incremento da base de cotización como consecuencia do Acordo asinado entre Xunta e sindicatos para a Integración, no que se lles recoñecía, por fin, o pago de trienios con efectos económicos de xaneiro de 2017.

A pesar de ser...


Domingo, 17 Xuño 2018

CCOO e UGT impiden a celebración de asambleas informativas do Comité Intercentros

Dende a CIG xa advertíamos no CIG-Informa sobre a reunión con Función Pública que para que queríamos inimigos si tiñamos amigos como CC.OO e UGT, máis preocupados de defender a empresa que as/aos compañeiras/os.

O despropósito absoluto ocorreu o día 5 de xuño de 2018, cando a CIG pregunta a presidencia de Intercentros (CC.OO) porqué non se incluíu na orde do día a celebración de asembleas, SOLICITADAS POLO PERSOAL QUE DEMANDA QUE ESTÁ A FACER O COMITÉ INTERCENTROS, para explicar a xuntanza...


Venres, 15 Xuño 2018

O Tribunal Supremo desestima o recurso da Xunta contra a sentenza gañada pola CIG pola contratación da directora do CRI

Nunha sentenza do 5 de xuño de 2018, o Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza contra a sentenza gañada pola CIG no 2015 na que o TSXG ditaminou a ilegalidade do disposto no artigo 3.2 do Decreto 1/2014, de 29 de xaneiro, polo que se regula a creación do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero, impoñéndolle á Xunta 1.500 € de costas.

Ese artigo 3.2 estipulaba un sistema de provisión ilegal para a Dirección...


Martes, 12 Xuño 2018

A CIG alégrase da repentina preocupación de CCOO e UGT polo persoal laboral

Seis meses despois da proposta da CIG para o persoal laboral, os sindicatos CCOO e UGT súbense ao carro reivindicativo. Benvidos.

Ante a pasividade do resto de sindicatos, en decembro de 2017 a CIG solicitou a Función Pública a apertura inmediata dunha mesa de negociación co fin de dar cumprida resposta ás lexítimas reivindicacións do persoal laboral da Xunta de Galiza. En tanto non se recuperasen todos os dereitos roubados coa castración do V Convenio, esa solicitude de negociación ía...


Luns, 04 Xuño 2018

CCOO, UGT e CSIF, asinan unha suba do 1,5% e algún deles anima agora a reclamar ata un 50%

Despois de asinar un acordo salarial onde este ano nos suben o 1,75% (un 1,5% ata xullo) sen cláusula de revisión salarial, desindexado dun IPC que previsiblemente será do 2%, cunha suba condicionada para os vindeiros anos polo incremento do PIB e o cumprimento dos obxectivos de estabilidade, que tanto un como o outro o Goberno xa prevé que non se van cumprir, CSIF, CCOO e UGT sorprendennos, uns dicindo que van convocar mobilizacións porque cobramos un 50% menos que noutras Comunidades...


Luns, 28 Mai 2018

Zeltia Burgos Tortosa, nova secretaria nacional da CIG-Autonómica

O sábado 26 de maio tivo lugar a VII Asamblea Nacional do sector de Administración Autonómica da CIG, co lema “Polos dereitos laborais e os servizos públicos. Pola dignidade na función pública”.

Lido polo Secretario Nacional saínte, Roberto Varela, e posteriormente aprobado o informe de xestión da executiva, procedeuse á elección dos órganos que dirixirán CIG-Autonómica durante os seguintes catro anos. Como reza o lema da Asamblea, “Polos dereitos laborais e os servizos públicos, pola...


Luns, 28 Mai 2018

Axentes ambientais e forestais maniféstanse en Santiago por unhas condicións de traballo dignas

Axentes ambientais e forestais de toda Galiza manifestáronse este xoves en Santiago de Compostela para reclamar un acordo que regule as súas condicións laborais fronte ás pretensións de Función Pública de incrementarlles aínda máis a xornada excesiva que xa realizan. A marcha partiu dende a Consellaría de Medio Ambiente ao berro de "axente forestal, dignidade laboral" e rematou diante do edificio administrativo de San Caetano. Alí, os e as empregadas sumaron a súa loita a das traballadoras...


Venres, 25 Mai 2018

Só para docentes? E a homologación do resto do persoal da Xunta?

Como si se tratara da estrutura de castas da India, Educación non acepta tratar ningunha suba salarial con parias desa consellería, só hai cartos para brahmáns. E a Xunta nin lle tira das orellas nin abre a negociación a todo o persoal laboral e funcionario na Mesa Xeral de negociación dos empregados/as públicos/as.

 

Na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria traballan ao redor de 35.000 persoas, das que 29.500 son persoal docente e ao redor de 5.500 son persoal...


Mércores, 23 Mai 2018

Retribucións 1,5% - Previsión IPC 2,0%. Imos perdendo o partido

No día de hoxe, 23 de maio, o Partido Popular ven de aprobar os Orzamentos Xerais do Estado.

A suba das nosas retribucións é do 1,5%. (Acordo de Madrid asinado por CC.OO, UGT e CSIF)

A previsión de incremento do IPC para decembro de 2018 é 2%. (Datos Funcas)

Necesitamos algún dato máis?


A Inspección comprobou a inexistencia de Avaliación de Riscos Laborais e a conseguinte planificación da actividade preventiva nos cinco distritos forestais, o que representa un incumprimento grave da Lei de Prevención de Riscos, 18 anos despois de ser promulgada.

Ao tempo, a Inspección require a Medio Rural que realice a avaliación de todos os postos de traballo adscritos aos respectivos distritos, traballen dentro ou fóra das oficinas dos mesmos ou dos centros comarcais, aspecto este de vital importancia dado que a consellaría unicamente toma en consideración os postos do interior das oficinas, deixando ao persoal que realiza as funcións no monte sen avaliación e, polo tanto, sen planificación preventiva para o seu traballo.

Xunto a isto, realízase requirimento á Xefatura territorial de Medio Rural para a imposición de medidas correctoras de incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais no ámbito da Administración Xeral do Estado.

Prazo de dous meses

A Inspección de Traballo dá un prazo de dous meses, que remata na primeira quincena de febreiro, para que a consellaría realice as avaliacións e planifique a actividade preventiva. Porén, a estas alturas a CIG non ten constancia de que se estean corrixindo as deficiencias detectadas na actuación inspectora.

A CIG sinala que Medio Rural ten que cumprir a normativa legal e subsanar as medidas requiridas pola Inspección de Traballo, así como garantir a presenza de representantes sindicais nas respectivas avaliacións.

A CIG lamenta ademais que sexa precisamente a administración pública  a primeira en incumprir a lexislación en materia de prevención de riscos e en non velar pola seguridade e a saúde das traballadoras e traballadores.