Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120511.gaias.18.jpg
  • 20120501.Pontevedra.2.jpg
  • 20120501.Vigo.1.jpg
  • 20120511.gaias.13.jpg
  • 20120209.san_caetano.delegados.5.jpg
Domingo, 12 Agosto 2018

Para setembro a negociación do acordo de mellora no emprego e carreira profesional

Despois de que a CIG puxera enriba da mesa que non se poden negociar incrementos ridículos como os derivados dos acordos de Madrid e obviar a necesidade de establecer unha carreira profesional, Función Pública ponnos un borrador enriba da mesa. Isto, que nun principio pode parecer razoábel, deixou de selo en canto Función Pública amosou a súa intención de negociar e pechar o asunto en poucos días, en pleno mes de agosto, coa maior parte dos/as empregados/as públicos/as de vacacións. Función...


Xoves, 09 Agosto 2018

Os axentes forestais e ambientais continúan a visibilizar unha folga indefinida marcada polos servizos mínimos

Reclámanlle á Xunta un acordo que mellore as súas condicións laborais

Os axentes forestais e ambientais da Xunta que están en folga indefinida dende o pasado día 1 de agosto para reclamar un acordo laboral que permita mellorar as súas condicións de traballo continúan a desenvolver accións reivindicativas, de reparto de información e de solicitude de apoio dos grupos parlamentarios da oposición para visibilizar un paro marcado por uns servizos mínimos do 100%.

O seu obxectivo é que a...


Mércores, 01 Agosto 2018

Carreira profesional e acordo de mellora no emprego

Na tarde do venres 27 recibimos un correo no que por orde do director de función pública daban traslado ás organizacións sindicais dous documentos, con indicación de que podiamos presentar alegacións antes do martes 31:

  • Unha nova versión dunha proposta de ampliación do mal chamado acordo de estabilización.
  • Unha primeira versión dun futuro plan de carreira profesional.

A existencia dunha carreira profesional, ou sen utilizar ese nome o establecemento dun sistema de promoción real, tanto...


Mércores, 01 Agosto 2018

Folga axentes forestais e medioambientais: desconvocada en Medio Ambiente

(video do Comité de Folga)

O Comité de folga de axentes forestais e medioambientais decidiu desconvocar a folga indefinida na parte de Conservación da Natureza (medio ambiente). Mantense a folga indefinida que comezou o mércores 1 de agosto. O Comité de folga espera a prometida nova proposta da Administración que inclúa as principais reivindicacións das organizacións sindicais.

Ao remate da xuntanza que tivo lugar o martes 31 en San Caetano, a Xunta segue a...


Martes, 31 Xullo 2018

CIG e UGT denuncian a Medio Ambiente na Inspección de Traballo por vulnerar a seguridade laboral

Representantes de CIG e UGT presentaron o luns 30 de xullo denuncias nas catro delegacións provinciais da Inspección de Traballo contra a Consellaría de Medio Ambiente por incumprimentos en materia de protección e seguridade no traballo. Dende a representación sindical reclámanlle á autoridade laboral que corrixa canto antes as “graves deficiencias” detectadas.

Os sindicatos solicítanlle á Inspección que inste o departamento autonómico a cumprir a normativa en materia de...


Luns, 30 Xullo 2018

Centro de maiores de Taboadela, pechado por falta de persoal

O centro de atención a persoas maiores de Taboadela xestionado pola Administración Pública, tivo que pechar o centro de día, na tarde do xoves 26 de Xullo, debido a falta de persoal. En concreto, adiantou o horario de peche en catro horas, facéndoo de xeito drástico ás 15:00 por non ter persoal, cando o horario de peche é das 19:00 horas. Esta situación acontece por non substituir de xeito sistemático ao persoal que está a desfrutar das súas vacacións ou permisos.

Despois de levar dende o...


Venres, 27 Xullo 2018

Axentes forestais e medio ambientais maniféstanse diante da Xunta na segunda xornada de folga

Denuncian os mínimos no Xulgado e interpelan a organizacións políticas e sociais para sumar forzas

Axentes forestais e medio ambientais secundaron masivamente as dúas primeiras xornadas de paro convocadas por CIG e UGT para o 25 e 26 de xullo en toda Galiza. O xoves 26 manifestábanse ademais polas rúas de Compostela, desde a Dirección Xeral de Montes (San Lázaro) até San Caetano, para demandar unha negociación real. Xunto a isto os sindicatos presentamos denuncia pola imposición duns...


Mércores, 25 Xullo 2018

A Xunta actúa con mala fe negocial na folga de Axentes Forestais e Medioambientais

O luns 23 ás 13:11 h, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convocou unha xuntanza para o vindeiro xoves día 26 ás 10:00hs, mediante correo electrónico do xefe de Servizo de Xestión de Recursos Humanos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con motivo de análise dos cadros de quendas do persoal da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais, de dita Consellería.

As organizacións sindicais CIG e UGT respondemos a dita convocatoria ás 11:00 h da...


Venres, 20 Xullo 2018

Nin 35 horas, nin o 100% das baixas. O que non recolle o novo acordo

No novo texto do acordo de mellora, tal e como vimos contando, a Administración e os sindicatos que asinaron o anterior vense obrigados a introducir melloras estéticas de cara a vendelo ao persoal despois de que dende a CIG destaparamos que se estaba a argallar un novo acordo onde non se recollía ningunha mellora máis que a ridícula suba pactada en Madrid (outra vez por debaixo do IPC).

XORNADA DE TRABALLO

Se no acordo de Madrid perdeuse a oportunidade de establecer a xornada universal de...


Venres, 20 Xullo 2018

Servizos mínimos abusivos para a folga de Axentes Forestais

CIG e UGT veñen de denunciar os servizos mínimos abusivos decretados pola Xunta de cara á folga de Axentes Forestais e Medio Ambientais convocada para os vindeiros días 25 e 26 de xullo, que será indefinida a partir do 1 de agosto se non se avanza nas negociacións. Así se lle comunicou este xoves na xuntanza celebrada con Función Pública e as Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para “negociar” estes servizos mínimos.

CIG e UGT aseguran que a postura da...


O que ten que facer Rogelio Martínez é voltar á legalidade e facer as cousas como marca o V Convenio xa que minte ao dicir que se respecta o mesmo cando claramente se está a vulnerar o artigo 43º que é o que se ten que aplicar en caso de traslado dun centro de traballo e marca o procedemento establecido e, este é, negociación cos representantes das/os traballadoras/es, acordo e posterior comunicación ao persoal afectado. Rogelio Martínez comezou a casa polo tellado e comunicou aos traballadores unha decisión que ten que ser negociada evidenciando, así, mostras de totalitarismo que dende a CIG rechazamos frontalmente. Como é posíbel, logo, que antes de ter a primeira xuntanza co Comité xa os traballadores tiveran a carta na que se obriga ao traslado? O convenio establece literalmente “O traslado ... deberá ir precedido dun período de consultas cos representantes legais dos/as traballadores/as, de duración non inferior a 15 días...”. Non entendemos se na linguaxe do Partido Popular ir precedido significa outra cousa xa que a CIG ten unha comunicación da decisión adoptada o día 29 de decembro e unha convocatoria de reunión que saíu da Consellaría o día 5 de xaneiro. A nós que nos expliquen como é posíbel cumprir a legalidade actuando así...

Contesta tamén Rogelio Martínez con respecto do traslado e da postura da CIG-Autonómica que “é un problema deles e non dos residentes nin dos traballadores da residencia”. Dende a CIG lembrámoslle que somos representantes lexítimos dos traballadores/as da Consellaría de Traballo e Benestar con presencia maioritaria no seu Comité de Empresa

Con respecto ao traslado dos residentes á Residencia de Tempo Libre do Carballiño o superdelegado comenta que “non reúne os requisitos”. Curiosa e temeraria parécenos esta afirmación cando, nestes días, a Consellaría de Traballo e Benestar organiza o programa “Xuntos polo Nadal” que leva a 120 maiores á Residencia do Tempo Libre e segundo o propio programa “quere que as persoas maiores que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas compañadas nun clima de convivencia e participación” gustaríanos saber, logo, se considera que os requisitos dos que fala soamente se dan polo Nadal como o turrón.

Rogelio Martínez di tamén que os residentes van a estrear un módulo novo e que estarán nel cinco meses cando sabe perfectamente que as obra van duran moito máis dese tempo e, oculta, interesadamente que, co seu método, elimina máis de 30 prazas de residentes na provincia de Ourense e non sabemos o que van a facer con elas pero na CIG moito nos tememos que vai iniciar un proceso tendente á privatización da Residencia do Maior do Carballiño.

Por último reiterar que a CIG-Autonómica tomará todas as medidas legais e xurídicas para restablecer a legalidade e convidamos ao Delegado da Xunta a utilizar o sentido común antes de tomar medidas que despois sexan moito máis complicadas de arranxar.