Saúde laboral

A Xunta de Galicia en Ourense non realiza medicións do canceríxeno RADON a pesares de ser reclamado polos delegados e delegadas da CIG en numerosas ocasións. As avaliacións de riscos laborais dos diferentes postos dos centros de traballo espallados por ourense unicamente teñen en conta o control dos factores termohigrométricos. Dende o 6 de febreiro deste ano vai ser obrigatoria segundo a Directiva 2013/59/EURATOM, a toma de medidas sobre o gas radón nas áreas de risco.

A pesar de que o gas radon é causante do 25% dos cancros de pulmón, entre outros efectos graves na saúde, non se ten feito un estudo epidemiolóxico do persoal da administración pública para valorar o alcance actual e a valoración no seu caso de enfermidade profesional/accidente laboral.

Porén a prevención é a primeira opción polo que, hoxe instamos de novo á Xunta de Galicia a través de tódalas xefaturas territoriais en Ourense así como ao servizo de prevención de riscos laborais que inicie urxentemente a medición en tódolos centros así como a toma de medidas cautelares para eliminar este grave risco para a saúde de traballadores e usuarias.

Para máis información: