Novas por contido

Aínda que estas semanas foron de bastante movemento, tras comprobar os datos, facemonos eco dunha queixa que nos achegaron un grupo de opositores con relación a disparidade no ratio de aprobados/praza do primeiro exercicio destes dous procesos selectivos. No caso do A1 informática pasaron ao segundo exercicio 4 persoas/praza mentres que no A2 foron máis do dobre, 10 persoas/praza.

Dentro do respecto á independencia dos tribunais, vimos de solicitar á Dirección Xeral de Función Pública unha explicación sobre esta disparidade de situacións que da lugar a agravios comparativos entre as persoas aspirantes dos diferentes procesos.

Desde a CIG-Autonómica consideramos que este tipo de disparidades son debidas á falta de criterios claros e axeitadamente establecidos nas convocatorias dos procesos selectivos e na normativa de selección; e, por iso, instamos á Dirección Xeral de Función Pública a que se tomen as medidas oportunas para evitar as distorsións con relación ao número de aprobados/praza que se puideren producir nun futuro.

Na  resolución do A1 informática establécese a nota de corte do primeiro exercicio nas diferentes quendas de promoción interna (4 prazas) e acceso libre (9 prazas) en 62 respostas correctas e 50 no caso dos aspirantes da base I.I.3 (2 prazas) de 120 preguntas totais.

Na resolución do A2 informática establécese a nota de corte do primeiro exercicio nas diferentes quendas de promoción interna (2 prazas), acceso libre (5 prazas) e dos aspirantes da base I.I.3 (1 praza) en 50 respostas correctas de 100 preguntas totais.

A pesar de que ambos tribunais estableceron a nota de corte nun 50% aproximado de respostas correctas, prodúcese unha distorsión con respecto a proporción de persoas aprobadas respecto ás prazas ofertadas.

Das listaxes de persoas aprobadas na páxina web de Función Pública temos que en total superaron o primeiro exercicio: 64 persoas no A1 e 79 persoas no A2.

Das convocatorias dos procesos selectivos temos que o número de prazas totais ofertadas son de 15 no caso o A1 e 8 no A2. Así pois temos que para o segundo exercicio no caso do A1 informática pasan aproximadamente 4 aspirantes/praza mentres no A2 o ratio chega a case 10 aspirantes/praza.

A1 informática = Escala de sistemas e tecnoloxías da información. Convocatoria (2011)

A2 informática = Escala de xestión de sistemas da información. Convocatoria (2011)

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...