Novas por contido

As mobilizacións  foron acordadas no pleno extraordinario  que tivo lugar o 13 de abril.

Despois das diferentes porpostas o comité decide ir facendo mobilizacións continuas:

  • Rolda de prensa en Compostela o vindeiro martes 17 de abril as 12:00 na que estaran o Comité Intercentros e os Comités de Empresa da Consellaría de Traballo de toda Galiza, pedindo o cese da Conselleira (Beatriz Mato), a Secretaria Xeral (Cristina Ortiz) e o Subdirector Xeral de Persoal (Eduardo Mato Montero).

  • Entrega de sinaturas para o día 27 de abril de 2012 as 12 horas.

  • Marcha dende o Gaiás o 11 de maio de 2012 dende as 10.30 horas ata 12:30 horas.

No Pleno extraordinario se trataron temas que afectaban ao persaol laboral da consellaría de Traballo, de aí que estiveran presentes os representantes  dos comités de empresa das catro provincias. Entre estes temas estaba a coordinación de mobilizacións en defensa dos centros públicos de Traballo e Benestar que veñen sufrindeo sucesivos ataques en forma de amortizacións de postos, despedimentos de traballadores e privatización de servizos. Por outra lado, tamén se trataron as instruccións de aplicación da Lei de medidas nas escolas infantís.

Postura sobre as medidas da Consellería de Traballo e Benestar.

O Presidente do Comité fai unha proposta de que as mobilizacións sexan centralizadas en Compostela coa participación dos Comités e traballadores/as, sendo o Comité Intercentros quen coordine todo este tipo de mobilizacións que se fagan a nivel nacional.

A persoa representante do comité da Coruña expón as mobilizacións que teñen feito ate agora, entre elas a recollida de sinaturas que tiñan previsto presentar o día 16 de abril, a data que empezan a funcionar as novas carteleiras. Propoñen varias mobilizacións; a mais significativa é unha marcha que empezaría no Gaias rematando en San Caetano, o Gaias como modelo do despilfarro que está a realizar a Xunta de Galiza dende hai moito tempo. Tamén propoñen pedir o cese da Secretaria Xeral da Consellaría de Traballo e Benestar Social.

A persoa representante do comité de Lugo maniféstase no mesmo sentido que A Coruña, salvo que ata o día 16 non poden tomar ningunha decisión pois nesa data teñen convocado o pleno do Comité de Empresa para determinar mobilizacións. Tamén expoñen que é hora de tomar medidas mais duras e contundentes.

A persoa representante do comité de Pontevedra propón facer peches nos centros de traballo e non centralizar todas as accións en Compostela, pois si xa é difícil que a xente se mobilice mais sería si fose que houbera que desprazar a xente. Tamén propón que se recollan sinaturas a titulo colectivo e individual.

A persoa representante do comité de Ourense maniféstase no mesmo sentido e fan un relatorio das súas mobilizacións.

A CIG defende que debe ser o Intercentros, como máximo órgano de representación diante da Xunta de Galiza quen coordine e realice todas as mobilizacións que aflicten ao persoal laboral a Xunta de Galiza e deixar de lado o protagonismo sindical.

Acórdanse a curto prazo facer rolda de prensa, a recollida de sinaturas e a marcha protesta ao Gaias.

Instrucións as Escolas Infantis dende a Conselleria de Traballo e Benestar.

O comité de xeito unánime considera que a Secretaria Xeral estase a extralimitarse nas suas funcions e que non é competente para interpretar o convenio é en concreto o artigo 20 do V Convenio (Servizos mínimos nas Garderías durante a Semana Santa). Estas instruccións deben paralizarse de xeito inmediato. A CIG propón facelo canto antes e aproveitar a xuntanza do martes coa Administración para recordarllo.

Acordase tamén mandar escrito a Función Pública para que “de orden” a Cristina Ortiz para que retire esta disposición.

Despois de todalas propostas, decidese ir facendo as mobilizacións continuas e non dun xeito atopelado, polo cal as proximas mobilizacións a realizar quedan do seguinte xeito:

Outras novas recentes

Martes, 17 Marzo 2026

A CIG exixe a constitución da Comisión de Seguimento do Acordo que regula a prestación de servizos no Parque Nacional Illas Atlánticas

O 17.03.2026 a CIG e as demais organizacións sindicais asinantes do acordo polo que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal que desenvolve a súa actividade laboral no territorio dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza, rexistramos unha solicitude dirixida á D.X. de Emprego Público e Administración de Persoal, para a constitución...
Luns, 16 Marzo 2026

A asemblea do Proceso Social de Lingua Vital ratifica o protocolo para reverter a emerxencia lingüística

«Na Galiza en galego» foi o clamor que se escoitou na mañá de sábado chuvioso do 14 de marzo na praza da Quintán de Compostela. eYKZMUh6ldg    Queremos Galego, plataforma da que a CIG forma parte, vén de celebrar o 14 de marzo a asemblea na que someteu á aprobación da sociedade galega o Protocolo Lingua Vital. Este instrumento, en cuxa elaboración participou a...
Luns, 16 Marzo 2026

Á Xunta non lle importa a saúde do seu persoal ainda que traballen con gas radon

O día 10 de marzo de 2026 tiñamos unha convocatoria ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Servizos Centrais (SSCC) despois de case un ano dende a anterior reunión, que foi o 31/03/2025. Nesa reunión de 2025 a CIG xa preguntara polos resultados das medicións de radon nas diferentes oficinas de SSCC, ao que nos responderon que primeiro tiñan que reunirse co...