Novas por contido

O martes 17 de abril, en Santiago de Compostela, o Presidente do Comité Intercentros e os 4 presidentes dos Comités de Empresa de Traballo e Benestar, solicitaron publicamente que o Presidente da Xunta cese a Beatriz Mato por ser a máxima responsable do deterioro do sistema de benestar en Galicia.

Este deterioro prodúcese cos recortes de persoal e de medios materiais que supoñen o desmantelamento dos servizos sociais: centros de menores, residencias de maiores, residencias de tempo libre e escolas infantís. A partir do día de hoxe estes centros van ter menos profesionais para darlle as prestacións básicas aos seus usuarios e van a sufrir un proceso de privatización que por primeira vez introduce persoal de seguridade privada en residencias da terceira idade.


Os máximos representantes dos traballadores, consideran que Beatriz Mato debe ser cesada polo Presidente da Xunta e con ela toda a súa equipa directiva, que supoñen mais de 300.000 euros en salarios anuais dos orzamentos públicos para ter como único fin a privatización dos servizos socias e o desmantelamento do sistema de benestar. A incapacidade e ignorancia de Beatriz Mato faise perigosa cando se trata da persoa que ten que dirixir a prestacións de servizos as persoas mais necesitadas e indefensas da nosa sociedade: menores, anciáns, persoas discapacitadas. O seu desprezo polos servizos públicos e a teima de privatizalo todo, ten un claro exemplo na introdución de seguridade privada para vixiar as residencias da terceira idade, na supresión de prazas de psicólogo, de persoal fisioterapeuta, de cociña.

A conselleira Beatriz Mato non defende os intereses das persoas usuarias destes centros e despreza ao persoal laboral que traballa nos mesmos. A súa é unha política de pompa e boato, con publicidade pagada para o autobombo, mentres nas residencias da terceira idade escasean os cueiros ou se recorta en zumes e froitas para as persoas maiores usuarias.

Para denunciar esta situación ademais de pedir o cese de Beatriz Mato os representantes dos traballadores anunciaron hoxe as seguintes mobilizacións:

1) Concentración o venres 27 de abril en San Caetano e entrega de todas as sinaturas recolleitas en Galicia.

2) Concentración na Cidade da Cultura (exemplo de dilapidación de cartos públicos e a pouca vergonza do goberno da Xunta) o venres 11 de maio e marcha de protesta a San Caetano-Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...