Novas por contido

O xoves, 24 de maio, continuou a campaña permanente do Comité de Traballo e Benestar de A Coruña en contra da destrución de 200 postos de traballo previstos pola consellaría, así como contra a privatización dos Servizos Públicos Galegos, incluídos peches de centros -hoxe mesmo pechou o centro de menores "Soutomaior" de Ferrol-.

As concentracións específicas do Comité de empresa deste día foron na Escola Infantil de Ventorrillo (esquerda) e na Escola Infantil "As Mariñas" (dereita) e aos dous actos de protesta sumouse o persoal que nese momento estaban traballando. Como a política da Consellería consiste nunha permanente destrución do público, este comité tamén permanentemente seguirá loitando a favor dun Sistema Público que, paradoxalmente, está sendo destruído polos organismos públicos da Xunta do Partido Popular.
 
A estas concentracións seguirán as previstas en Compostela para o vindeiro luns, 28 de maio.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...