Novas por contido

O persoal das residencias de maiores, centros de menores, escolas infantis e demais centros da Consellería de Traballo e Benestar da provincia da Coruña mantén durante todo o luns dia 7 de maio unha xornada de loita pola defensa dos seus postos de traballo e o futuro dos servicios sociais que os levará a ficar pechados até o comezo da quenda de mañá do día 8.

Durante esta xornada reivindicativa desenvolveranse asembleas permanentes cunha extensa orde do día onde se analizan diversos aspectos dos recortes, as privatizacións, o desmantelamento dos servicios públicos e a sangría de despedimentos e amortizacións de postos de persoal laboral (266).

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar ten previsto que estas asembleas teñan caracter de PECHE nos propios centros de traballo ata o comenzo da xornada de maña martes 8 de maio de 2012, día no que representantes do Comité van a entrevistarse coa secretaría xeral de Traballo e Benestar, Cristina Ortiz, e no que lle van trasladar o rechazo do persoal laboral da Xunta ás medidas de desmantelamento dos servicios sociais, privatización dos servizos e supresión de postos de traballo que esta a efectuar o departamento de Beatriz Mato.

A pé de peche

Pola tarde do día 7 visitamos ás compañeiras e compañeiros pechados en dous centros de Compostela para coñecer de preto a situación da protesta e transmitirlles o noso apoio. Na residencia de Maiores Volta do Castro concéntranse unhas 16 persoas dispostas a facer noite. Atopamos a prensa tomando fotos e facendo entrevistas. Pola entrada do centro están espallados cartaces pedindo a dimisión da conselleira de "Paro e Malestar". Coméntanos que desde a consellaría hai "interese" por coñecer como se está desenvolvendo a situación.

Na residencia da Porta do Camiño atopamos apróximadamente outras 15 persoas e os ánimos están tamén están altos. Coméntannos que estivo a prensa tomando fotos e imaxes. Atopamos cartaces pedindo a dimisión da conselleria e en defensa duns servizos sociais públicos e de calidade. Un traballador posa cunha "imaxe relixiosa" de Nosa Señora Soraya Saenz de Santamaría co neno Rajoy en brazos. Coméntanos que para facer noite agardan que cheguen máis reforzos.

Dos centros do resto da provincia temos noticias que resite pechado o persoal dos seguintes centros: residencia de maiores Torrente Ballester na Coruña, residencia de Oleiros, CAPD (antiguo Santiago Apóstol), residencia da Pobra do Caramiñal e a Residencia de Maiores de Caranza.

Peche na residencia de Caranza

Peche na residencia Torrente Ballester


Vindeiras mobilizacións

Dentro do calendario de mobilizacións previstas estase preparando para o venres 11 a marcha que convoca o Comité Intercentros do Persoal Laboral (CIG; UGT; CCOO; CSIF) e que sairá ás 10:30h desde a Cidade da Cultura -máximo símbolo do despilfarro- ata acabar en San Caetano -máximo símbolo da incompetencia-




Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...