Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de dirixirse a todos os grupos parlamentares para lles achegar as súas alegacións ao proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2013, que está actualmente en fase de tramitación no Parlamento galego en relacíon ao recorte da paga extra e ao posible recorte que con carácter básico se dicte dende Madrid.

Neste sentido, a CIG-Autonómica achegou alegacións aos grupos parlamentares para a modificación do artigo 20 do proxecto de lei de orzamentos, así como para a supresión dos apartados dos artigos 14 e 16, todos eles relativos ao recorte nas pagas extraordinarias de xuño e decembro de 2013 para os empregados públicos da Xunta.

Así mesmo, a CIG-Autonómica propón de xeito subsidiario a inclusión dunha disposición adicional que dispoña a non acumulación dos posibles recortes adicionais aos empregados públicos que foren aprobados no futuro polo Goberno do Estado aos recortes que aprobe a Xunta.

Respeito a outras materias polémicas como a supresión do artigo 19 do Convenio, o Comité Intercentros de persoal laboral, dará traslado o martes aos grupos parlamentarios das nosas demandas.

Desde a CIG-Autonómica consideramos que a pretensión de garantir a estabilidade orzamentaria e cumprir cos obxectivos do déficit asignados á Xunta a través da vía da redución do Capítulo I dos Orzamentos supón unha renuncia do Goberno galego a adoptar medidas fiscais que incrementen os ingresos tributarios, impoñendo de novo sacrificios aos sectores sociais que non son responsables da crise, neste caso aos empregados públicos.

A política de redución do déficit público por parte da Xunta de Galicia non casa coas nulas propostas por parte do partido gobernante no tocante a obtención de novos ingresos cando neste sentido estase moi por debaixo dos niveis potenciais de recadación. Estamos lonxe da capacidade de recadación potencial con impostos e tipos impositivos máis eficientes e xustos.

A inexistencia de propostas que fagan caer o peso da crise e do déficit público sobre os causantes da crise económica e os sectores sociais con máis capacidade económica supón un agravio aos sectores máis desfavorecidos e singularmente, no caso que nos ocupa, a un segmento da poboación: os empregados públicos.

A ausencia dunha política tributaria baseada nunha fiscalidade progresiva que faga caer o groso do esforzo sobre os contribuíntes con rendas máis altas e os grandes patrimonios é incompatible cos principios que rexen unha política fiscal xusta e redistributiva. Cargar, unha vez máis, unha gran parte do peso das políticas da denominada "consolidación fiscal" sobre os empregados públicos non semella moi acorde cos principios de xeneralidade, progresividade e equidade que deben conformar a política fiscal, supoñendo  a indolencia fiscal da Xunta unha carga gravosa para determinados sectores sociais. Os principios que deben conformar unha política fiscal xusta deberían impoñer que a carga fiscal fose asumida con criterios de progresividade a través de diversas medidas como o  aumento dos tipos marxinais das rendas máis altas no IRPF, a reforma do imposto de sucesións e doazóns, a imposición sobre os grandes patrimonios, imposto sobre os depósitos bancarios, imposto ás grandes superficies, etc.

É por tanto incoherente, e contrario ao principio de xeneralidade adoptar medidas singulares que só afectan a un segmento da poboación e non seguir o criterio polo cal todos deben contribuír conforme á súa capacidade contributiva.


Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...