Novas por contido

102 deles en servizos públicos claves como centros de ensino e oficinas de emprego.

A Dirección Xeral de Función Pública ven de enviar ás OOSS o listado de postos a ofertar no próximo concurso de traslados de Corpos Xerais da Xunta de Galiza.

Neste concurso ofértanse 1563 prazas, 35 menos que no anterior. Pero ademais destes postos, 433 teñen a observación “Eliminarase por proposta de amortización”, e no caso de non ofertarse estaríamos ante unha redución dun 30% con respecto ao anterior concurso de traslados.

O director xeral de Función Pública fixo declaracións ambiguas en relación a si estes postos van a entrar no concurso ou non. En declaracións aos medios dixo "Si [o funcionario de carreira] gaña unha praza das que se ten previsto amortizar poderá ocupala porque será cambiada por outra". Pero o certo é que no listado aparecen como que se retiran do concurso.

Dun modo ou outro a intención declarada é a amortización o cal tería consecuencias graves tanto si se retiran do concurso como si permanecen.

A proposta de amortización é grave por moitos motivos:

  1. Redúcese o número de postos na Administración Pública galega coas consecuencias que ten para a prestación dos servizos públicos.
  2. Impídese a mobilidade xeográfica e a promoción vertical e horizontal dos funcionarios ao haber un 30% menos de postos aos que concursar.
  3. Lévase a termo a operación negada pola Consellería de Facenda de que non se vai reducir emprego público nin despedir interinos, pois todo o movemento que se faga no concurso vai implicar o despido de interinos.
  4. Amortízanse 88 prazas en centros de ensino público, e 14 en oficinas de emprego.

 

Xa antes de que se aproben os Orzamentos que van recoller a amortización dos postos se pon en marcha a destrución do sistema de emprego público, que comezou co acto de elección de destino do grupo A1, tal e como salientamos a pasada semana, e continúa agora co concurso de traslados de corpos xerais. Das 1153 prazas de persoal funcionario menos que se recollen nos Orzamentos, en apenas un mes a Xunta xa puxo en marcha o mecanismo para destruír 451 postos de funcionarios.

Despois de que dende a CIG pedísemos durante o ano 2012 en innumerábeis ocasións a convocatoria dun concurso de traslados, xa que o anterior foi convocado o 6 de maio de 2010 cando existe a obriga legal de convocalos anualmente, agora Función Pública decide convocalo sen apenas prazo para alegar e negocialo, para dar satisfacción ás demandas da DX de Orzamentos de poder amortizar canto antes os 1153 postos de traballo previstos.

Dende a CIG esiximos que non se amorticen eses postos de traballo e que se inclúan no concurso e denunciamos que este é un paso máis na destrución sistemática do emprego público e no deterioro da Administración Pública que pretende o Partido Popular.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...