Novas por contido

A este aguinaldo en forma de subvencións únese o previo de máis de medio millón de euros en forma de convenios de colaboración.

No DOG do 12/09/2013 publicábanse os convenios de colaboración da Secretaría Xeral de Medios con diferentes editoriais de xornais galegos. No DOG do 29/11/2013 está secretaría xeral publica as subvencións concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión. Estas resolucións veñen publicándose cada ano e supoñén un desenvolso total de máis de dous millóns de euros.

Ademais deste departamento, as diferentes consellarías asinan convenios anuais cos principais medios galegos que consinsten en pagar centos de miles de euros a cambio de que estes lle publiquen o que lle mandan (Industria, Presidencia, Medio Rural…). Iso sen deixar de lado o gasto da Xunta coas campañas de publicidade institucional millonarias de dubidosa utilidade como a que anima o espírito emprendedor ou o espírito reproductivo.

Estas axudas resultan moi polémicas pois fan virar o temón do que se publica ou deixa de publicar en función dos intereses da Administración que subvenciona, convenia ou contrata. Por outro lado, non se entende a utilidade pública de tales gastos e menos nunha época de austeridade, na que para o Goberno galego di ter como prioridade o mantemento dos “servizos públicos esenciais”, privatizando e recortando no resto que non lle resulta “esencial”.

La Voz de Galicia, a eterna afortunada

Entre todas as empresas agraciadas destaca “La Voz de Galicia” que se leva máis dun terzo do total da partida orzamentaria da subvención (583.974,81€). Tamén leva case un terzo do orzamentado para os convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios (149.392,80€). En total, durante o tempo que leva Feijóo no Goberno estimamos que esta empresa leva recibido da Xunta máis de 45 millóns de euros entre diferentes conceptos (subvencións, convenios e contratos).

Cabería preguntarse cal sería a situación desta empresa, tendo en conta as dificultades económicas polas que atravesa, se non tivera recibido tal cantidade de diñeiro. En calquera caso, recentemente se ten demostrado que o ollo da Xunta para rescatar empresas en problemas non é de todo clínico.

Porén, as empresas privadas de comunicación non son empresas calquera, de aí que a Secretaría Xeral de Medios dependa directamente da Presidencia da Xunta. Denunciamos o uso perverso que se fai deste departamento e a inxerencia política do Goberno da Xunta nos medios utilizando os cartos da cidadanía galega que detrae da prestación dos servizos públicos. Resulta moi difícil de explicar, por exemplo, por que non hai diñeiro para manter a gratuídade da prestación farmacéutica hospitalaria e obrigar a repagar á cidadanía pola quimioterapia pero si sigue habendo cartos para comprar editoriais e censurar notas de prensa.

Esiximos que nese compromiso de "transparecia" ao que se aludiu Feijóo recentemente respecto á "publicidade institucional" se atope tamén a racionalización e austeridade deste gasto realmente racionalizable e austerizable. E por suposto, sería tamén un bo momento para abordar a discusión política da "publicidade institucional en negro" que supoñen as subvenciónse e os convenios de colaboración cos medios dos diferentes departamentos da Xunta.

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa...
Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...
Luns, 20 Xullo 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de educación infantil e auxiliar coidadores

No DOG do 20/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos,...