Novas por contido

A CIG solicitou a constitución da comisión de seguimento fixada pola disposición adicional 2ª da orde de flexibilidade e teletraballo, pois xa aos poucos días da posta en marcha da nova regulación, existen numerosos incidentes.

- A posta en marcha da nova regulación da flexibilidade familiar podería entrar en colisión co artigo 44 da Lei 7/2004 para a igualdade de mulleres e homes, en canto que esta última di que se establecerá “o máis amplo horario de referencia posible”, mentres que a nova orde é restritiva ao non permitir máis aló das 20 h e nada dos venres pola tarde. Inclusive nalgunha unidade pretenden que o horario de referencia produza rixidez para cada día da semana unha vez aprobado.

- Temos advertencias dalgunha unidade que afirma que non van poder autorizar a flexibilidade a todo o mundo. Que criterios van establecer os/as responsábeis da Administración para decidir?

- A orde recoñece o dereito das centrais sindicais a recibir unha serie de información, pero non existe procedemento de comunicación establecido.

- Está a haber problemas en diversas unidades en que os/as responsábeis pretenden esgotar os prazos para comunicar o novo horario flexibel.

- Observamos que a Orde publicada no DOG non coincide que aprobado na Comisión de Persoal. A diferenza está no prazo de tramitación da flexibilidade familiar que no documento aprobado establecía que sería de 15 días, igual que para a automática, mentres que no documento do DOG non establece prazo e por tanto pasa a ser a que establece a Lei de procedemento administrativo, é dicir, tres meses. A CIG non acepta este cambio e exixe a corrección do publicado para que sexa consonte co aprobado na Comisión de Persoal.

Para rematar, rexeitamos o uso político da orde. “La Voz de galicia” publicou "datos oficiais” (segundo eles) de números de solicitudes (3704 en sete días, 778 o 1º día, 501 o 2º día, ..), porcentaxes de solicitudes por servizos periféricos, centrais, chiringuitos, .. Os representantes dos traballadores e integrantes da comisión de seguimento, non temos coñecemento dos datos. Exiximos ter, como mínimo, a mesma información que a prensa.

Na Comisión de Persoal do 20 de xaneiro, o Director Xeral de Función Pública comprometeuse a que a Comisión de Seguimento xuntaríase a primeira semana de febreiro.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.