Novas por contido

Os sindicatos presentamos comunicación de "preaviso" de folga do persoal técnico de incendios forestais ante a consellería e a autoridade laboral. A folga vai ser a partir do día 1 de agosto.

Este mércores, 8 de xullo, e ante o nulo avance das negociacións dun novo acordo que regule as condicións de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do Medio Rural, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, vimos de preavisar a convocatoria dunha folga legal coas seguintes características:

  1. A convocatoria de folga realízase logo do acordo da asamblea de traballadores e traballadoras e das organizacións CIG, CCOO, CSIF e UGT, sindicatos con representación na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos da Administración Autonómica de Galiza.

  2. A folga comezará dende as 0 horas do día 1 de agosto de 2020 e terá unha duración indefinida, afectando aos postos de traballo do persoal técnico de incendios forestais da consellería do medio rural (grupos A1 e A2 das escalas de enxeñeiros/as técnicos/as forestais e enxeñeiros/as de montes).

  3. O obxectivo da folga é que a Administración Autonómica regule as condicións de traballo nun novo acordo coas seguintes características:

    • Aumentar o cadro persoal para garantir os descansos legais establecidos sen afectar negativamente aos servizos públicos de prevención e extinción de incendios forestais e de planificación e ordenación forestal.

    • Redución do horario anual que supera as 2000 horas, moi por riba do límite legal máximo.

    • Regulación do traballo en fins de semana, festivos, gardas e descansos compensatorios e garantir 15 días de vacacións no verán.

    • Distribución da carga de traballo e maior organización entre a xestión de montes, a prevención e loita contra incendios forestais e a xestión do persoal adscrito aos distritos forestais.

    • Eliminar a dispoñibilidade absoluta dos xefes de distrito e establecer un/ha segundo/a xefe/a de garda por distrito forestal.

    • Segunda actividade e coeficiente redutor para a xubilación anticipada.

  4. A folga declárase por non teren chegado a resultado satisfactorio as negociacións previas coa Administración.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Mércores, 11 Setembro 2024

Eloína, a curmá de Feijoo, enchufada ás agachadas sen nomeala por libre designación

Utilizan en fraude de lei a figura da comisión de servizos, que a lei establece como excepcional, para que non tivera publicidade a través do DOG. Cando se soubo que Eloína Núñez pasou a desempeñar o posto de subdirectora xeral houbo quen pensou que o seu nomeamento se publicaría no DOG despois de convocar o posto polo procedemento de libre designación. Pero isto implicaría...
Martes, 10 Setembro 2024

Elaborar propostas formativas para a EGAP (2025)

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, contactou coa CIG para convidarnos a facer propostas de accións formativas para o ano 2025. Na súa comunicación, indican que aceptan tanto accións formativas transversais como específicas para determinados colectivos ou consellarías. As propostas recibidas pola EGAP serán avaliadas e seleccionadas pola propia Escola. As...
Mércores, 11 Setembro 2024

RPT Agacal, RPT de funcionarización (para MSF e MX 13/09/24)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, que serán o venres 13 de setembro, coa seguinte Orde do día: Para a MSF: RPT de AGACAL. Descargar (comentar que a anterior xuntanza foi en SETEMBRO DO 2023) Para a MX RPT de funcionarización de...