Luns, 20 Outubro 2025O persoal do Servizo de Incendios mobilízase o xoves 30 de outubro en Compostela por un servizo público, digno e con garantías laborais. A manifestación saíra da Consellería de Medio Rural en San Lázaro e rematará diante do edificio da Xunta en San Caetano.
Dende a CIG-Autonómica denunciamos a situación de abandono, desigualdade e mala xestión que padece o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galiza ao que ano tras ano e, durante as vagas ...
Luns, 20 Outubro 2025
No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais
A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas, a Consellería, por vez primeira en anos, non activou as gardas do período extraordinario, deixando o servizo baixo ...
Venres, 17 Outubro 2025Dúas das normas máis relevantes para as persoas empregadas públicas como son a lei de orzamentos e a lei de acompañamento (lei de medidas fiscais e administrativas), o PP despachounas sen dar lugar sequera a unha negociación real. E para isto non nos enviou os textos das leis ata 20 horas antes da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e para poñer máis obstáculos enviou nova documentación media hora antes. A iso se lle chama mala fe negocial.
Pero non por iso renunciamos a ...
Mércores, 15 Outubro 2025
Milleiros de persoas participaron nas 15 mobilizacións convocadas pola CIG con motivo da xornada de paro xeral
O paro xeral por Palestina está a ter un importante seguimento entre a clase traballadora galega, que unha vez máis amosa a súa solidariedade ao participar tamén de xeito masivo nas mobilizacións para reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal. A sinatura do cesamento ao fogo, malia que aínda non se materializou sobre o terreo, atende á reivindicación máis urxente para a ...
Martes, 14 Outubro 2025
A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación.
COMUNICADO
A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que se xeran na contorna rural, cada vez máis abandonado e peor xestionado. No que temos que destacar a necesidade ...
Martes, 14 Outubro 2025
O pasado venres 10 de outubro a CIG Autonómica mantivo unha reunión coa consellería de Educación pola situación do persoal non docente dos centros de ensino e as escalas de cociña. Esto foi despois de moitas solicitudes, e de ser necesario chegar á mobilización e o conflito, cunha manifestación en Compostela a finais do curso pasado e as concentracións en todos os departamentos territoriais dependentes da Consellería neste comezo de curso.
Nesta xuntanza puxemos enriba da mesa toda a ...
Martes, 14 Outubro 2025No mes de xullo, a CIG solicitou a revisión dos pregos no procedemento de licitación para a contratación da conservación ordinaria e da viabilidade invernal das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galiza. Con data do 10 de xuño de 2025, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) fixo pública, a través da Plataforma de Contratación Pública de Galiza, a documentación relativa ao procedemento de licitación para a contratación da conservación ordinaria e da viabilidade invernal ...
Luns, 13 Outubro 2025A CIG presenta achegas ao borrador de Real Decreto que desenvolve a Lei básica de bombeiros forestais en materia de prevención incidindo, entre outras cuestións, na limitación da xornada máxima, a formación previa, a obrigatoriedade de investigar os accidentes, na inclusión de todas as actividades onde estea presente o lume e o estudo, XA, das enfermidades profesionais.
O borrador de Real Decreto polo que se desenvolve a disposición final primeira da Lei 5/2024, de 8 de novembro, básica ...
Xoves, 09 Outubro 2025O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.A CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar consistente en impor, aos/ás traballadores/as coa categoría de PSX de determinados centros de día, ...
Mércores, 08 Outubro 2025
Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País.
Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal de Palestina, demandar o cese de toda relación diplomática, económica e militar co Estado ...
Luns, 06 Outubro 2025
Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.
Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Vigo para dar conta da situación límite que vive o persoal ...