Inicio
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria.

Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a Consellería do Medio Rural tan só 15 forman parte da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO). Esta unidade foi ...


Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de:

- Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.


Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de selección.

A AGASP vén de convocar a actividade formativa “Análise de incendios forestais”, de 120 horas e 40 prazas, ...


Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa. 

O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos públicos, dado que afecta á calidade do servizo ao eliminar a programación educativa, as xuntanzas coas familias, a ...


Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial).

No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da relación de prazas que teñen reserva. Ao tempo, reclamamos a convocatoria inminente das prazas de concurso específico, que ...


Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas.

Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de competencia da comunidade galega e non afondan en dar solucións aos principais problemas deste persoal que sí son cuestións de ...


Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza.

O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese dereito íase manter parar o persoal laboral funcionarizado da citada consellería pero na práctica foille retirado. É ...


Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada.

A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do Estatuto das Persoas Traballadoras.

Agora, vimos de denunciar perante a Valedora do Pobo a conculcación, na práctica, ...


Mércores, 03 Abril 2024

A CIG solicita que o grao en Educación Social sexa a única titulación habilitante para exercer como educador/a social

A CIG presenta unha proposta para que se modifique a Lei de Emprego Público de Galiza de tal xeito que o grao en Educación Social sexa a titulación especializada única que habilite para o exercicio da profesión de Educador/a Social

A CIG vén de presentar perante a Dirección Xeral da Función Pública e ante as Secretarías Xerais Técnicas das consellerías onde está presente a figura dos/as Educadores/as Sociais (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ...


Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


O primeiro atranco manifestado nas nosas alegacións ao borrador, presentadas o xoves 22 de xuño, atopámolo xa no ámbito de aplicación. A proposta inicial de Función Pública sería aplicar a futura norma aos concursos do persoal laboral e do persoal funcionario de corpos xerais. A CIG reclama a inclusión tamén das escalas de administración xeral e da administración especial, pois estes tamén teñen dereito ao concurso anual.

Sendo a asignación dos postos dun concurso o resultado da aplicación dun algoritmo no que é clave o equilibrio entre os distintos baremos, observamos e criticamos:

  • A redución de peso da antigüidade.
  • O incremento da puntuación por méritos específicos.
  • Valorar o traballo desenvolvido en comisión de servizo e cun cálculo no que o factor tempo pode dar resultados absurdos.
  • Suprimen a formación con máis de dous anos de antigüidade, elevan de 15 a 20 o mínimo de horas por curso, deixan fora os cursos de determinadas entidades.

A antigüidade (ou servizos prestados) perde peso no global do concurso en comparación con convocatorias anteriores. O máximo de puntuación deste baremo obtense con 33 anos de servizos prestados. A CIG reclama que incrementen a puntuación por cada ano de servizos prestados así como do máximo total, de xeito que tamén se incremente o máximo de anos a valorar. Solicitamos tamén que para o cálculo se teña en consideración o número de días ou meses en troques dos anos.

Os méritos específicos son ao entender da CIG unha barreira que dificulta a mobilidade do persoal, polo que defendemos a súa eliminación e que a empresa forme ao persoal. Caso de mantelos queremos que reduzan significativamente a puntuación pois na proposta de Función Pública case duplican a puntuación de servizos prestados (0,25 puntos por ano nun posto con méritos específicos fronte a 0,15 que vale un ano de antigüidade, cun máximo de 3,5 puntos equivalentes a 23 anos de antigüidade). Xunto co anterior, de non eliminar este baremo, queremos que introduzan a formación específica como alternativa á experiencia para conseguir a puntuación como mérito específico.

O grao persoal (aplicado aos funcionarios e funcionarias) é un mérito que depende da evolución histórica das persoas, coa salvidade de que a partir do nivel 26 só pode conseguirse por designación divina (libre designación). Reclamamos que esto se teña en consideración para ou ben puntuar só ata o grao 26, ou puntuar algo menos do 27 ao 30.

O traballo desenvolvido, que aparece como novidade para o persoal laboral, sofre cambios inaceptábeis para o persoal funcionario:

Mentres que as adscricións temporais e superiores categorías do persoal laboral están sometidas a criterios de obxectividade, no caso das comisións de servizo do persoal funcionario non existe obxectividade algunha. A súa concesión é discrecional, sen criterio obxectivo, dependente unicamente da vontade da deidade correspondente, polo que non podemos máis que rexeitar absolutamente calquera decisión de valorar o traballo desenvolvido en comisión de servizo mentres non exista obxectividade na súa concesión.

En canto ao algoritmo para calcular a puntuación deste baremo aplicado ao persoal funcionario, observamos a necesidade de introducir algún elemento de corrección temporal como si fan co persoal laboral, que evite situacións como a seguinte: calquera funcionario/a de novo ingreso que traballase un único día nun posto de nivel superior ao base do seu grupo, ben en comisión de servizo, ben en libre designación, xa superaría en puntuación por este baremo a calquera outro que levase 10, 20, 30 anos en posto base do seu mesmo grupo.

As medidas de conciliación por reunificación familiar non serían de aplicación nos núcleos de poboación que non teñan servizos periféricos da Xunta (aínda que existisen postos vacantes nunha localidade próxima). Cabería aplicar algún tipo de criterio de distancia como os 30 km aos que fai referencia o V Convenio Colectivo, o que facilitaría o achegamento ao núcleo familiar.

A formación é outro dos méritos que alteran enormemente:

  • Recoñecen todos os cursos, non só unha selección deles. Esta foi unha reclamación constante da CIG, co que estamos conformes.
  • Eliminan a validez da formación máis antiga de dous anos. Inaceptable, pois rexeitamos que vaia ao lixo o esforzo temporal, económico e na vida persoal que lle supón formarse ás persoas, máis cando o beneficiario desa dedicación resulta ser a propia Administración.
  • Fixan o mínimo en 20 as horas que debe ter o curso. Non o compartimos, pois existe numerosa formación cunha duración inferior.
  • Valoran a puntuación por horas reais, non por tramos. Esta era outra das reclamacións da CIG agora recoñecida, pois non era xusto valorar por igual o esforzo de realizar un curso de 40 que de 70 horas. A cada quen, segundo o seu esforzo.
  • En canto ás entidades organizadoras, solicitamos a inclusión de: universidades, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Formación, FEGAS, Academia Galega de Seguridade e escolas oficiais de idiomas (recoñecendo con estes últimos os cursos de idiomas destas escolas).


A titulación académica desaparece como mérito no apartado de formación. Este foi sempre un mérito controvertido. Recoñecemos que é raro que para a maioría de postos aporte algo no traballo ter a titulación de grao en música, por poñer un exemplo. Pero o mesmo argumento de falta de utilidade no traballo podémolo aplicar a moitos cursos formativos. A CIG defende que a titulación académica debe ser un mérito máis nun concurso de traslados dentro do apartado relativo á formación.

O grupo de pertenza do funcionario supón incrementar 1 punto por grupo, o que equivale a sumar a puntuación correspondente a 6,6 anos de servizos prestados, algo que unido á puntuación por traballo desenvolvido onde tamén inflúe o grupo de pertenza, produce unha barreira infranqueable. Ao entender da CIG, o grupo de pertenza é un mérito máis a recoñecer, pero consideramos que está excesivamente puntuado.

Como comezamos este texto, a CIG está conforme en fixar unhas bases xerais que faciliten e axilicen a xestión e os prazos dos concursos, co difícil obxectivo de acadar concursos anuais para todos e todas, funcionarios e laborais, corpos xerais e escalas. E aínda que discrepamos das ideas expostas inicialmente por Función Pública, agardamos e desexamos que as persoas responsábeis políticas da Administración actúen con flexibilidade e supriman todo aquelo que introduza criterios discrecionais e cheguemos a un acordo que equilibre correctamente o peso de cada mérito co correspondente recoñecemento do esforzo de cada quen.

Para rematar dar as grazas aos moitos compañeiros e compañeiras que nos achegaron as súas alegacións. Somos conscientes de que fagamos o que fagamos será imposíbel contectar a todo o mundo. O noso papel neste asunto é procurar o mellor equilibrio posíbel entre os diferentes méritos.