Novas por contido

Con relación ás propostas que sairon das asembleas celebradas o pasado 12 de xullo, a Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galiza adoptaron os seguintes acordos para aplicar de xeito inmediato:

  • Estamos elaborando un escrito para implicar aos autónomos e as pequenas e medianas empresas do noso entorno na loita contra o paquete de agresións do Goberno. Os recortes indiscriminados só xeneran máis crise e non son a solución para a maioría da cidadanía, e eso inclúe aos autónomos e PYMES que dependen maioritariamente do comercio interior.

  • Establecer os mércores como día sen consumo coa idea de reflexionar sobre a quen lle damos de comer cos nosos cartos e se debemos seguir facéndoo, baixo o lema “consumes ou consúmente?”. Esta medida a manteremos ata o día de Nadal co simbolismo da supresión desa paga extra.

  • Determinar os venres como día de loito (VENRES NEGRO). Non te esquezas de traer algunha prenda negra e poñer no teu posto de traballo o cartaz co lazo negro. É unha medida que non é difícil de cumplir e se visualiza facilmente.

Descargar paquete de cartaces. Colabora poñéndoos polo teu centro.

Outras medidas, que precisan maior infraestrutura como o boikot de actos públicos, os peches ou a folga, foron trasladadas as distintas organizacións sindicais. En calquera caso, se queres colaborar cos peches ou boikots manda un correo. Faise un chamaento a seguir saíndo á rúa e participando nas concentracións do xoves, 26 de xullo, e nas manifestacións do luns, 30 de xullo.

Descargar cartaz coa convocatoria. Colabora poñéndoo polo teu centro.

Desde a CIG apoioamos e impulsamos as ditas medidas e traballamos na cordinación e impulso do resto.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...