Novas por contido
  • A prevención de incendios choca coa protección da natureza.
  • Unha cousa é o que levas no programa electoral e outra cousa é a situación económica.
  • A forma de contratalas é o menos relevante. (Sobre a contratación das brigadas)
  • Se me fala de orzamentos non lle podo dicir canto aforramos. (Sobre o aforro que supón contratar a través de empresas privadas)
  • Cada un é libre de denunciar o que queira. (Sobre a denuncia da CIG por prevaricación e fraude)


Con estas perlas se despacha a inverecunda Rosa Quintana, conselleira de Medio Rural e do Mar en declaracións ao diario El País (18/08/2012).


Queda patente a incapacidade desta señora non só para dar resposta aos problemas que se xeran senón para levar a xestión política dunha consellería cuio nome está ordinariamente asociado ao fracaso.

Empresas públicas e privadas dan mordiscos ao orzamento desta consellaría e xeran o caos no servizo. Condicións laborais biafreñas onde se retiran as compensacións aos brigadistas. Prevaricación e fraude cometidos por altos cargos e pola conselleira, contratando a dedo a empresas cun sobreprezo.

Este é o panorama ante o que nos atopamos cunha degradación cada vez maior das condicións de traballo e cun puzzle de empresas e entes que tratan de gañarlle espazo ao SPDCIF, o que vai provocar poñer en perigo unha vez máis os montes galegos e as vidas humanas daqueles que prestan o seu servizo en beneficio de todos protexendo o noso entorno natural.

Non cabe máis resposta que a mobilización e por iso, a CIG, xunto con CCOO, UGT e CSIF convoca para este xoves 23 de agosto ás 11:00 na explanada da estación de buses de Compostela (fronte á Consellaría de Medio Rural e do Mar) unha concentración pola defensa dun Servizo público, único e integral de defensa contra incendios forestais.

alt

Pola defensa do SPDCIF coma servizo público e único da loita contra o lume!!!

Máis coordinación, seguridade e profesionalización!!!

Non a uns cadros de servizo abusivos!!!

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...