Novas por contido

Segundo informacións aparecidas hoxe nos medios de comunicación, confírmase que o Partido Popular mantén no proxecto de orzamentos xerais do Estado de 2013 unha nova disposición adicional 28ª na que propoñen ampliar o recorte de salario en caso de baixa por incapacidade temporal aos días nos que os empregados se ausenten por enfermidade, sen chegar a existir parte de baixa.

O recorte salarial aos empregados públicos neses días de ausencia por enfermidade sen baixa sería do 50%  como máximo e a disposición tería carácter básico, polo que sería de aplicación para o persoal de todas as Administracións Públicas. Segundo as informacións aparecidas na prensa, o desconto activaríase ao superarse un número mínimo de días de ausencia por enfermidade ao ano, que no caso da Administración Xeral do Estado será establecido polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

O motivo declarado polo PP, segundo se informa na prensa, sería o de evitar o "absentismo" dos empregados públicos: en realidade, estaríamos ante un novo recorte salarial e de dereitos, que procura ademais denigrar a imaxe dos servidores públicos, perseguindo a ocultación ante a opinión pública dos verdadeiros motivos e causantes da crise económica.

Desde a CIG-Autonómica seguiremos apoiando todas as accións contra as políticas de falsa austeridade e de recorte nos servizos públicos, e demandamos a todo o persoal que participe nas concentracións e actos reivindicativos convocados en todo o país o vindeiro xoves 20 de decembro.

Fonte: "La Voz de Galicia"

Ver emenda nº 2.668 publicada no BOLETÍN OFICIAL DAS CORTES GENERALES - CONGRESO DOS DIPUTADOS Serie A Núm. 27-7 29 de outubro de 2012 Páx. 1726

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...